Saltar ao contido

A tarde dun día de cans

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A tarde dun día de cans
 Título
    Dog Day Afternoon (en) Editar o valor en Wikidata
Logotipo
Imaxe
 Instancia de
 Parte de
Características
 Cor
 Formato de distribución
 Movemento
 Baseado en
The Dog (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
 Ambientado en
 Obra derivada
The Dog (en) Traducir (filme) Editar o valor en Wikidata
 Lingua orixinal
Implicados
 Produtor/a
 Director/a
 Guionista
 Director/a fotografía
 Editor/a de cine
 Deseñador/a vestiario
 Compañía produtora
 Distribuidor/a
Datas
 Data de publicación
18 de decembro de 1975 (Reino Unido, Australia)
21 de setembro de 1975 (Nova York)
19 de setembro de 1975 (Festival Internacional de Cine de Donostia-San Sebastián)
25 de decembro de 1975 (Estados Unidos)
19 de marzo de 1976 (Alemaña)
1975 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Premios e distincións
 Nomeamentos
Óscar ó mellor actor secundario (17 de febreiro de 1976)
Óscar á mellor montaxe (17 de febreiro de 1976)
Óscar ó mellor guión orixinal (17 de febreiro de 1976)
Óscar ó mellor director (17 de febreiro de 1976)
Óscar ó mellor actor (17 de febreiro de 1976)
Óscar ó mellor filme (17 de febreiro de 1976) Editar o valor en Wikidata
Cifras e dimensións
 Custo
   3.800.000 $ Editar o valor en Wikidata
 Recadación
   50.000.000 $ Editar o valor en Wikidata
 Duración
   125 min Editar o valor en Wikidata
Localización
 Lugar de rodaxe
 País de orixe
Códigos e identificadores
VIAF1765156677153333770009 Editar o valor en Wikidata
ISAN0000-0001-972C-0000-8-0000-0000-D Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/0ptx_ Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Puntuación da crítica
94% Rotten Tomatoes (17 de marzo de 2026)
86/100 Metacritic (14 de xullo de 2025)
8.6 Rotten Tomatoes (5 de outubro de 2021) Editar o valor en Wikidata
IMDB: tt0072890 Filmaffinity: 663851 Allocine: 1621 Rottentomatoes: m/dog_day_afternoon Mojo: dogdayafternoon Allmovie: v14193 TCM: 24484 Metacritic: movie/dog-day-afternoon TV.com: movies/dog-day-afternoon Netlix: 450423 Editar o valor en Wikidata
Wikidata

A tarde dun día de cans, (en inglés: Dog Day Afternoon), tamén coñecida como Tarde de cans,[1] é un filme estadounidense de 1975 dirixido por Sidney Lumet, escrito por Frank Pierson e protagonizado por Al Pacino, John Cazale, Chris Sarandon e Charles Durning. O seu título orixinal fai referencia ao período canicular en verán, durante o que está ambientado o filme.

O filme está inspirado polo artigo "The Boys in the Bank", de P. F. Kluge publicado na revista LIFE,[2] sobre un atraco similar nun banco de Brooklyn por parte de John Wojtowicz e Salvatore Naturale o 22 de agosto de 1972.[3][4][5][6]

Foi emitido na TVG o 16 de febreiro de 1990.[7]

Argumento

[editar | editar a fonte]

O filme está baseado en feitos reais ocorridos en 1972. Un veciño de Brooklyn, Sonny Wortzik (Al Pacino), decide xunto con outro inexperimentado delincuente, Salvatore Naturile, Sal, (John Cazale) roubar un banco do mesmo barrio de Nova York para conseguir o diñeiro que lle demanda a operación de cambio de sexo da súa parella, Leon Shermer (Chris Sarandon), mais fracasan ao descubriren que o banco non tiña suficiente diñeiro en efectivo, xa que fora recollido horas antes. A policía, despois o FBI, os xornais e milleiros de curiosos fanse presentes, e todo se vai transformando nun espectáculo. Tanto algúns curiosos como reféns, comezan a simpatizar con Sonny, logo de que el sae á rúa a arengar a xente. Comezan as negociacións entre Sonny e o policía Eugene Moretti (Charles Durning), que axiña é substituído polo axente do FBI Sheldon (James Broderick), debendo permanecer durante horas negociando e mantendo varios reféns. Sal preocúpase máis polos xornalistas que o sinalan como homosexual que polo seu rol de asaltante.

Leon aparece no banco a petición de Sonny e explica publicamente a súa relación con el, a súa condición de transexual e os motivos do asalto. A acción continúa ata a noite cando Sonny xa negociou co FBI o seu traslado ao aeroporto cos reféns, onde rematará o espectáculo. Mentres agardan no coche na pista do aeroporto a que o avión se poña en posición para engalar, o axente Murphy lembra de novo a Sal que manteña a súa arma de xeito que non se dispare por accidente. Sal faino e Sheldon obrígao a poñer a arma no taboleiro do coche, creando unha distracción que permite a Murphy sacar un revólver agochado no repousabrazos e disparar a Sal na cabeza. Sonny é detido e todos os reféns son escoltados ata a terminal.

  1. Rayburn, Nina. "The Write Stuff: Magazine articles that make it to the Big Screen". New York Review of Magazines. Arquivado dende o orixinal o 11-01-2006. Consultado o 9-8-2009.
  2. Kluge, P.F; Moore, Thomas (22-9-1972). "The Boys in the Bank". LIFE 73 (12). p. 66.
  3. "Homosexual robs bank, asks release of 'wife'". Lewiston Morning Tribune (Idaho). Associated Press. 23-8-1972. p. 3.
  4. "Robber killed, 7 bank hostages freed". The Bulletin (Bend, Oregon). UPI. 23-8-1972. p. 1.
  5. "FBI kills man, frees 7". Spokane Daily Chronicle ((Washington)). Associated Press. 23-8-1972. p. 2.
  6. La Voz de Galicia, 16 de febreiro de 1990. Páx. 71

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]