Mehmed Baždarević

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Baždarević
Información persoal
Nome Mehmed Baždarević
Nacemento 28 de setembro de 1960
Lugar de nacemento Višegrad
Altura 1,78 m.
Posición Centrocampista
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1978–1987 Željezničar|Željezničar 229 (22)
1987–1996 Sochaux 308 (20)
1996–1997 Nîmes 32 (0)
1998 Étoile Carouge 6 (0)
Selección nacional
Iugoslavia sub-17 17
Iugoslavia sub-21 19
Iugoslavia sub-23 19
1983–1992 Iugoslavia 54 (4)
1996 Bosnia e Hercegovina 2 (0)
Adestrador
2003–2005 Istres
2005–2006 Étoile du Sahel
2006–2007 Al-Wakrah
2006–2010 Grenoble
2011–2012 Sochaux
2012–2013 Al-Wakrah
2014–2017 Bosnia e Hercegovina
2018–2019 Paris
2020–2021 Guingamp
Na rede
http://www.bazdarevic.net/
UEFA: 5518 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Mehmed Baždarević, nado en Višegrad o 28 de setembro de 1960, é un exfutbolista e adestrador bosníaco.

Desenvolveu a maior parte da súa carreira no Željezničar do seu país e no Sochaux francés, militando nove tempadas en cada un deles. Alcumado Meša na antiga Iugoslavia e Mécha en Francia, está considerado como un dos mellores futbolistas bosníacos da historia.

Internacional coa selección de Iugoslavia, disputou con esta a Eurocopa de 1984. Trala disolución de Iugoslavia foi o primeiro capitán da selección de Bosnia e Hercegovina.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Como futbolista[editar | editar a fonte]

Željezničar[editar | editar a fonte]

Nacido o 28 de setembro de 1960 en Višegrad, por aquel entón parte de Iugoslavia e actualmente en Bosnia e Hercegovina, comezou a súa carreira como futbolista no Željezničar en 1978. Militou no club de Saraxevo durante nove anos, disputando máis de 300 partidos.

Na tempada 1980/81, o Željezničar alcanzou a final da Copa de Iugoslava por primeira e única vez na súa historia. Baždarević marcou dous goles na final, pero a vitoria acabou sendo para o Velež Mostar por 3-2. Catro anos despois formou parte do equipo que chegou ás semifinais da Copa da UEFA de 1985 con Ivica Osim como adestrador.

Sochaux[editar | editar a fonte]

En 1987 mudouse a Francia, onde fichou polo Sochaux, xunto co seu compatriota Faruk Hadžibegić. Militou outros nove anos no equipo francés, co que logrou o ascenso á Ligue 1 na súa primeira campaña. Disputou máis de 350 encontros co club de Montbéliard.

Últimos anos[editar | editar a fonte]

En 1996 fichou polo Nîmes, onde xogou durante unha tempada antes de pechar a sa carreira no fútbol suízo, nas filas do Étoile Carouge, no que se retirou en 1998.

Selección nacional[editar | editar a fonte]

Internacional con Iugoslavia dende as categorías inferiores, xogou nas seleccións júnior, olímpica e sub-21, e foi capitán da selección sub-20 que participou no Copa do Mundo sub-20 de 1979. Participou nos Xogos Olímpicos de 1984 nos Ánxeles, gañando a medalla de bronce.

En 1983 debutou coa selección iugoslava absoluta, nun partido amigable contra Francia. Disputou 54 partidos co conxunto iugoslavo, marcando catro,[2] e participou con este na Eurocopa de 1984, na que foi titular en todos os partidos do equipo no torneo.

En 1989 a FIFA sancionouno por un ano por cuspir ao árbitro turco Yusuf Namoğlu durante a disputa dun partido contra Noruega en Saraxevo válido para a clasificación para o Mundial de 1990.[3] Por este motivo non puido participar no torneo mundial, no que o seu equipo acadou os cuartos de final.

Coa disolución de Iugoslavia, Baždarević comezou a xogar coa selección de Bosnia e Hercegovina en 1992. Con todo, o equipo non foi recoñecido pola FIFA ata 1995 en parte debido á guerra de Bosnia. Debutou oficialmente en setembro de 1996, nun partido de clasificación para o Mundial de 1998 contra Grecia, portando o brazalete de capitán. Xogou o seu segundo e último partido ese mesmo ano contra Croacia.[4]

Como adestrador[editar | editar a fonte]

Inicios[editar | editar a fonte]

Entre 1998 e 2003 traballou como segundo adestrador no Sochaux, primeiro con Jean Fernandez e logo con Guy Lacombe, ademais de dirixir os equipos filiais do club.

Istres[editar | editar a fonte]

En 2003 converteuse no adestrador do Istres, da Ligue 2, co que conseguiu durante a súa primeira campaña o ascenso á Ligue 1. Este éxito supúxolle o premio ao mellor Adestrador do Ano da Ligue 2.

Étoile[editar | editar a fonte]

O 16 de xullo de 2005 fíxose cargo do Étoile du Sahel tunisiano.[5] Con este club acadou ese mesmo ano a final da Liga de Campións da CAF, na que perdeu por un global de 3-0 diante do Al Ahly adestrado polo portugués Manuel José.

No campionato doméstico, o equipo acabou subcampión de liga, despois de perder na derradeira xornada ante o USM Monastir, indo parar o título ás vitrinas do seu máximo rival, o Espérance de Tunis. Tras esta derrota, Baždarević foi despedido.[6][7][8]

Al-Wakrah (1ª etapa)[editar | editar a fonte]

Na tempada 2006/07 adestrou o Al-Wakrah de Qatar, rematando a liga na metade da táboa.

Grenoble[editar | editar a fonte]

En decembro de 2007 chegou ao banco do Grenoble francés, por recomendación do seu mentor, Ivica Osim. Rexeitou ofertas do Le Mans e do Niza, da primeira división, para facerse do equipo de Isère na segunda división. Ao final da tempada 2007/08 o Grenoble de Baždarević logrou o ascenso á Ligue 1 por primeira vez na súa historia.[9] Na seguinte campaña o equipo conseguiu comodamente a permanencia e chegou ás semifinais da Copa de Francia, caendo ante o Rennes.

Deixou o club en setembro de 2010 por motivos económicos.[10]

Sochaux[editar | editar a fonte]

O 10 de xuño de 2011 foi nomeado adestrador do Sochaux, club no que militara como xogador durante nove tempadas. [11] Con todo, o 6 de marzo de 2012, despois de 8 meses no cargo, foi despedido debido aos malos resultados.[12][13]

Al-Wakrah (2ª etapa)[editar | editar a fonte]

Na tempada 2012/13 adestrou por segunda vez o Al-Wakrah, co que só puido ser noveno (de 12 equipos) na liga qatarí.

Bosnia e Hercegovina[editar | editar a fonte]

Baždarević dirixindo a Bosnia e Hercegovina nun partido amigable contra Austria o 31 de marzo de 2015.

O 13 de decembro de 2014, Baždarević foi nomeado adestrador da selección de Bosnia e Hercegovina, sendo elixido por diante das outras opcións, entre as que estaban Milovan Rajevac,[14] Vahid Halilhodžić,[15][16][17] Igor Štimac e Felix Magath.[18][19] Sucedeu no cargo a Safet Sušić, que foi destituído pola N/FSBiH debido a unha serie de malos resultados na clasificación para a Eurocopa de 2016, con só dous puntos en catro partidos.[20] A selección mellorou considerablemente con Baždarević no banco e conseguiu a clasificación para a repesca, pero nesta foi eliminada pola selección irlandesa cun marcador global de 3-1.[21]

O seu contrato foi ampliado e en 2016 gañou a Copa Kirin despois de eliminar a Dinamarca nas semifinais e de vencer ao Xapón por 2-1 na final.[22]

Deixou a selección bosníaca en decembro de 2017, despois de non ter conseguido a clasificación para o Mundial de 2018.[23]

Paris FC[editar | editar a fonte]

En xuño de 2018 foi nomeado adestrador do Paris FC, da Ligue 2, co que asinou un contrato de dous anos.[24] Na súa primeira tempada, o equipo francés rematou nun bo cuarto posto. Con todo, foi despedido o 30 de decembro de 2019 debido aos malos resultados da tempada seguinte.

Guingamp[editar | editar a fonte]

O 30 de agosto de 2020 asinou como novo técnico do Guingamp ata 2022.[25] O 1 de febreiro de 2021, rescindiu o seu contrato co club debido aos malos resultados.[26]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

A esposa de Baždarević, Marina Baždarević, naceu en Belgrado, Serbia.[27] Coñecéronse en 1979 nun avión que viaxaba do Xapón a Belgrado. Nove meses despois encontráronse de novo noutro voo de Tunisia a Belgrado e dende entón comezaron a saír.[28] A súa filla, Téa Baždarević, traballa como xornalista en Francia.[29][30]

Palmarés[editar | editar a fonte]

Como xogador[editar | editar a fonte]

Sochaux

Como adestrador[editar | editar a fonte]

Bosnia e Hercegovina

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Prije 16 godina BiH je igrala sa Grčkom u Kalamati" (en bosníaco). 12 de outubro de 2012. Consultado o 22 de agosto de 2022. 
  2. "Mehmet Bazdarevic - International Appearances". rsssf.org (en inglés). Consultado o 22 de agosto de 2022. 
  3. "Sanciones". El País (en castelán). Axencia EFE. 26 de outubro de 1989. Consultado o 22 de agosto de 2022. 
  4. "Mehmed Baždarević". eu-football.info (en inglés). Consultado o 22 de agosto de 2022. 
  5. "Etoile Sahel get Bosnian coach". BBC (en castelán). 16 de xullo de 2005. Consultado o 22 de agosto de 2022. 
  6. "Etoile du Sahel sack their coach". BBC (en inglés). 12 de abril de 2006. Consultado o 22 de agosto de 2022. 
  7. "Etoile name new coach". BBC (en inglés). 12 de abril de 2006. Consultado o 22 de agosto de 2022. 
  8. "Scoreline" (en inglés). 15 de abril de 2006. Arquivado dende o orixinal o 5 de xuño de 2011. Consultado o 22 de agosto de 2022. 
  9. "BAŽDAREVIĆ EKSKLUZIVNO ZA JL ‘Krećem u lov na 15 bodova, BiH će osvojiti 3. mjesto’" (en bosníaco). Arquivado dende o orixinal o 21 de decembro de 2014. Consultado o 22 de agosto de 2022. 
  10. "Otići ću ako mi pukne film" (en bosníaco). 1 de outubro de 2009. Consultado o 22 de agosto de 2022. 
  11. "Communiqué Officiel" (en francés). 10 de xuño de 2011. Arquivado dende o orixinal o 13 de xuño de 2011. Consultado o 22 de agosto de 2022. 
  12. "Communiqué Officiel" (en francés). 6 de marzo de 2012. Arquivado dende o orixinal o 9 de marzo de 2012. Consultado o 22 de agosto de 2022. 
  13. "El Sochaux destituye a su técnico, Mecha Bazdarevic". Marca (en castelán). 6 de marzo de 2012. Consultado o 22 de agosto de 2022. 
  14. "Mehmed Baždarević je novi selektor reprezentacije BiH!" (en bosníaco). 13 de decembro de 2014. Consultado o 22 de agosto de 2022. 
  15. "Čelnici F/NSBIH uskoro na sastanku sa Vahidom Halilhodžićem" (en bosníaco). 19 de novembro de 2014. Consultado o 22 de agosto de 2022. 
  16. "Vahid Halilhodžić za Radiosarajevo.ba: Nažalost, politika vlada u BiH, bilo bi teško raditi" (en bosníaco). 19 de novembro de 2014. p. Radiosarajevo.ba. Arquivado dende o orixinal o 22 de novembro de 2014. Consultado o 22 de agosto de 2022. 
  17. "Vahid Halilhodzic rejects Bosnia job" (en inglés). 19 de novembro de 2014. Consultado o 22 de agosto de 2022. 
  18. Ligata, Jasmin (25 de novembro de 2014). "Ekskluzivno: Štimac kandidat za izbornika BiH" (en bosníaco). Consultado o 22 de agosto de 2022. 
  19. Ames, Nick (4 de decembro de 2014). "Felix Magath to hold talks over Bosnia managerial position". The Guardian (en inglés). Consultado o 22 de agosto de 2022. 
  20. Krvavac, Fuad (17 de novembro de 2014). "Sušić tenure ends with Bosnia and Herzegovina". UEFA (en inglés). Consultado o 22 de agosto de 2022. 
  21. "Irlanda estará presente en la Eurocopa" (en castelán). 16 de novembro de 2015. Consultado o 22 de agosto de 2022. 
  22. "Bosnia vence a Japón y gana la Copa Kirin" (en castelán). 7 de xuño de 2016. Consultado o 22 de agosto de 2022. 
  23. "Baždarević: Imao sam plan sa BiH, igrači su tražili da ostanem" (en bosníaco). 5 de decembro de 2017. Consultado o 22 de agosto de 2022. 
  24. "Paris FC : Le nouveau coach dévoilé" (en francés). 15 de xuño de 2018. Consultado o 22 de agosto de 2022. 
  25. "En Avant Guingamp. Mécha Bazdarevic entraîneur jusqu’en 2022" (en francés). 30 de agosto de 2020. Consultado o 22 de agosto de 2022. 
  26. "Mehmed Baždarević više nije trener francuskog drugoligaša Guingampa" (en bosníaco). 1 de febreiro de 2021. Consultado o 22 de agosto de 2022. 
  27. "Baždarević priznao da su ga zvali iz Crvene zvezde" (en bosníaco). 4 de xaneiro de 2014. Consultado o 22 de agosto de 2022. 
  28. "Mehmed Baždarević otvoreno o svemu: Moj otac je zaključavao kuću u 23 sata, kasnije nisam mogao ući" (en bosníaco). 20 de decembro de 2014. Consultado o 22 de agosto de 2022. 
  29. "Mehmed Baždarević u “AS Ekskluzivu” sa Muhamedom Bikićem" (en bosníaco). 21 de decembro de 2014. Consultado o 22 de agosto de 2022. 
  30. "Le maire de Sigolsheim s'est marié" (en francés). 22 de setembro de 2013. Consultado o 22 de agosto de 2022. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]