Saxitario (constelación)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Sagittarius»)
Sagittarius
Sagittarius
Nome latino Sagittarius
Abreviatura Sgr
Xenitivo Sagittarii
Simboloxía O Arqueiro
Ascensión recta 19 h
Declinación −25°
Área 867 graos cadrados

Rango 15º

Número de estrelas

(magnitude < 3)

7
Estrela máis brillante ε Sgr (Kaus Australis)

(magnitude ap. 1.9)

Choiva de meteoros

Ningunha

Constelacións

lindeiras

Visible en latitudes entre +55° e −90°

Mellor visibilidade ás 21:00 (9 p.m.) durante o mes de agosto

Saxitario[1][2] (do latín Sagittarius) é unha constelación do zodíaco, xeralmente representada coma un centauro sostendo un arco. Saxitario atópase entre Scorpius ó oeste e Capricornus ó leste.

Características destacables[editar | editar a fonte]

As estrelas máis brillantes forman un asterismo facilmente recoñecible, a Teteira, a súa asa está formada polas estrelas ζ Sagittarii, τ Sagittarii, σ Sagittarii e φ Sagittarii, o tello por φ Sagittarii, λ Sagittarii e δ Sagittarii, o corpo da Teteira fórmano ζ Sagittarii, φ Sagittarii, δ Sagittarii e ε Sagittarii, sendo o "picho" as estrelas δ Sagittarii, ε Sagittarii e γ Sagittarii.

En Saxitario atópanse dúas cefeidas visibles a simple vista, X Sagittarii e W Sagittarii. A Estrela Pistola (en inglés Pistol Star) atópase nesta constelación; invisible a simple vista, é porén unha das estrelas máis luminosas da galaxia. A variable KW Sagittarii é unha das estrelas coñecidas de maior tamaño.

É unha constelación moi frecuentada polos afeccionados á astronomía, xa que nela atópanse gran cantidade de obxectos do espazo profundo, cúmulos estelares e nebulosas. Ó oeste de γ Sagittarii atópase o centro galáctico da Vía Láctea.

Estrelas principais[editar | editar a fonte]

Representación medieval de Saxitario.

Obxectos Notables do espazo profundo[editar | editar a fonte]

Vista dende a Terra, a Vía Láctea presenta a súa parte máis densa a través de Saxitario, que é onde está o centro da galaxia. Por iso pódense atopar aquí moitos cúmulos e nebulosas:

Mitoloxía[editar | editar a fonte]

Saxitario o Arqueiro.

Existía gran controversia entre os mitólogos antigos sobre se esta constelación representaba ou non a un Centauro. Eratóstenes e Hixino inclinábanse pola opinión de que non era un centauro afirmando que ningún centauro tiña usado. Defenderon que se trataba dun sátiro chamado Croto, que vivía na compaña das Musas no monte Helicón. Croto, ademais de inventa-lo arte de disparar frechas, inventou o aplauso, mentres escoitaba ás Musas. Estas, compracidas, pedíronlle a Zeus que puxera a Croto entre as constelacións. Para outros, coas súas dúas caras, animal e humano, Saxitario era o centauro Quirón que criou a Xasón, Aquiles e Eneas. Famoso como profeta, doutor e sabio, era fillo de Filira e Cronos, tamén pai de Zeus, quen sorprendido no acto, converteuse en garañón e fuxiu ó galope deixando a Filira. Ela, desgustada polo seu fillo medio-home, medio-cabalo, converteuse así mesma nun tilo*.

As antiga lendas gregas subliñan que Saxitario era un centauro, fillo de Saturno e Filira e que se converteu a si mesmo en cabalo para escapar da súa celosa muller, Rhea.

Saxitario é representada coma un centauro armado cun arco tal coma era vista polos gregos. En culturas máis antigas, coma por exemplo os babilonios, era representada coma ó deus Pabilsag (o cal posuía as e cabeza de león).

Na mitoloxía grega, Saxitario era moitas veces identificado coma Quirón, aínda que esta identificación era máis usual coa constelación de Centaurus. A constelación Sagitta foi considerada algunhas veces coma unha frecha disparada por Saxitario.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para saxitario.
  2. Cambados Márquez, Xoaquín Evaristo. "Algunhas notas referentes ó nome galego estándar das constelacións" (PDF). Consultado o 12 de outubro de 2016. 
  3. National Radio Astronomy Observatory (ed.). "Dramatic Outburst Reveals Nearest Black Hole". Consultado o 08-30-2008. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]