Rúa de Juana de Vega (A Coruña)
Rúa de Juana de Vega | |
---|---|
Edificio modernista na rúa de Juana de Vega | |
Tipoloxía | rúa |
Dimensións | |
Lonxitude | 0,22 km |
Localización | |
Inicio | Praza de Pontevedra |
Fin | Praza de Mina |
Localidade | A Coruña |
Circulación | |
Tránsito | Peonil e rodado |
Confluencias principais
|
A rúa de Juana de Vega é unha rúa da Coruña situada entre os barrios do Ensanche e da Pescaría da cidade.
Historia
[editar | editar a fonte]A rúa de Juana de Vega discorre sobre a antiga muralla da cidade, que tiña portas na actual praza de Pontevedra, en dirección ao Camiño Novo e na actual praza de Mina, en dirección ao Camiño Real.
Orixinariamente a rúa era coñecida como paseo da Alameda e recibiu o nome actual, en honra da escritora coruñesa Juana de Vega en 1876, pasando o nome de Alameda á que nese momento se coñecía como rúa das Bestas.
Veciños e negocios
[editar | editar a fonte]No número 21 desta rúa faleceu o poeta Eduardo Pondal. O edificio foi demolido en 2005 e logo reconstruído.[1]
Nos números 2-6 estivo situado o Gran Hotel de Francia, considerado o máis luxoso da cidade. Coa prohibición do uso de nomes estranxeiros no franquismo rebautizouse como Hotel España e en 1968, co derrubamento do edificio, trasladouse a outro local da mesma rúa.[2][3]
Nos números 16-18 estivo instalada unha central de teléfonos que logo se trasladou á rúa de Santo André.
Arquitectura
[editar | editar a fonte]Na rúa de Juana de Vega existen varios edificios destacados:[4]
- N.º 16, edificio modernista de Julio Galán Carvajal (1907),[5] ampliado por Eduardo Rodríguez-Losada Rebellón (1940)
- N.º 18, edificio con galerías
- N.º 11, edificio de estilo ecléctico de Faustino Domínguez (1877)
- N.º 13, edificio de estilo ecléctico de Faustino Domínguez (1882)
- N.º 15, edificio con galerías
- N.º 17, edificio de Faustino Domínguez (1885)
- N.º 19, edificio modernista de Antonio de Mesa (1923)
- N.º 21 e 23, edificios de Faustino Domínguez (1877)
No quinteiro entre a rúa de Juana de Vega e a rúa de Durán Loriga sitúase o edificio do Banco de España, deseñado por José Astiz Bárcena entre 1921 e 1926.[6][7]
En 1992 derrubouse a igrexa dos Xesuítas, obra neogótica de Francisco Rabanal construída entre 1899 e 1902 e ampliada cunha torre por Leoncio Bescansa anos despois.[8]
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Rúa de Juana de Vega dende a praza de Mina
-
Igrexa dos Xesuítas
-
Placa no edificio no que residiu Eduardo Pondal
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Derribada la casa coruñesa en la que vivió Eduardo Pondal
- ↑ Del Hotel de Francia al Blue Coruña
- ↑ El Gran Hotel de Francia
- ↑ "Modificación Pepri – Aprobación definitiva". Concello da Coruña. xaneiro de 2015. Consultado o 13 de febreiro de 2016.
- ↑ Martínez Suárez & Casabella López 1989, pp. 52-53.
- ↑ La rehabilitación del Banco de España hará aflorar el diseño original, casi centenario
- ↑ Martínez Suárez & Casabella López 1989, pp. 130-131.
- ↑ La desaparecida iglesia de los Jesuitas
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: A Coruña |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- García López, Alfonso (2009). Calles con historia (en castelán). Espacio Cultura Editores. ISBN 978-84-938089-1-4.
- Martínez Suárez, Xosé Luís; Casabella López, Xan (1989). Catálogo arquitectura. A Coruña 1890-1940. COAG. ISBN 978-84-85665-09-9.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Historia de la Zona Obelisco Arquivado 04 de marzo de 2016 en Wayback Machine.