Saltar ao contido

Río Grande do Norte

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaRío Grande do Norte
Imaxe

HimnoHino do Rio Grande do Norte (pt) Traducir (3 de decembro de 1957) Editar o valor en Wikidata

EpónimoRio Potengi (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 5°42′S 36°30′O / -5.7, -36.5
EstadoBrasil Editar o valor en Wikidata
CapitalNatal Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Acari (pt) Traducir
Afonso Bezerra (pt) Traducir
Alexandria (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata../... 166+
Poboación
Poboación3.507.003 (2017) Editar o valor en Wikidata (65,79 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie53.306,8 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude142 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación1891 Editar o valor en Wikidata
Organización política
Órgano executivosecretariado do governo do Rio Grande do Norte (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
• Governador (pt) Traducir Editar o valor en WikidataFátima Bezerra (pt) Traducir (2019–) Editar o valor en Wikidata
Órgano lexislativoAssembleia Legislativa do Rio Grande do Norte (pt) Traducir Circunscrición: 0, (Escano: 24) Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
ISO 3166-2BR-RN Editar o valor en Wikidata

Páxina webrn.gov.br Editar o valor en Wikidata

Río Grande do Norte é un estado brasileiro localizado na Rexión Nordeste. Limita ao norte e leste co océano Atlántico, ao sur con Paraíba e ao oeste con Ceará. Ocupa unha superficie de 53.306,80 km². A súa capital é Natal. A súa superficie total é un pouco maior que as da Costa Rica e da Croacia.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

Máis de 80% do seu territorio presenta unha altitude menor que 300 metros. O seu clima é tropical, pero cunha distinción: na franxa litoral leste é máis chuvioso, e no interior, despois do Planalto da Borborema, é semiárido. Moitos ríos do estado non son perennes, e desaparecen cando dos meses máis secos. Os ríos principais do estado son: Mossoró, Apodi, Assu, Piranhas e Potengi. A capital do estado, Natal, está situada xunto á foz do río Potengi.

Economía

[editar | editar a fonte]

Os principais produtos do estado son o petróleo (é o segundo estado brasileiro en produción total) e o sal mariño. Na agropecuaria, destácase a fruticultura irrigada na rexión da Chapada do Apodi, principalmente para exportación. Xa a gandería abastece parcialmente o consumo local.

Na industria, destácase o parque téxtil e a extracción de petróleo cru e gas natural (o estado non ten refinerías). Ata recentemente, pola súa proximidade coa Liña do Ecuador, o estado ten sido peza importante no Programa Espacial Brasileiro. Alí está a base de lanzamento de foguetes meteorolóxicos da Barreira do Inferno, que xa lanzou máis de 2 mil foguetes e globos sonda dende 1965.

O turismo é unha fonte de renda importante principalmente para a capital do estado, pero tamén para outros municipios do litoral, como São Miguel do Gostoso. O bo tempo atrae turistas brasileiros e estranxeiros ás súas praias. Os paseos de bugre (un automóbil feito co chasis e motor do VW escarabello, rodas largas e sen teito) nas dunas de Genipabú xa son coñecidos ata mesmo fóra do Brasil.

Pero todo isto non é suficiente para garantir a mellora da renda nos municipios máis pobres do interior do estado, que sofren coas secas periódicas, que duran meses seguidos e provocan éxodo rural.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]