Miguel Ángel Ferrer
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 12 de novembro de 1978 (45 anos) Caravaca de la Cruz, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Datos persoais | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Outros nomes | Mista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
País de nacionalidade | España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 184 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 1996 - | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Lingua | Lingua castelá | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Liga | Major League Soccer | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Dianteiro | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Miguel Ángel Ferrer Martínez, coñecido como Mista, nado en Caravaca de la Cruz (Murcia) o 12 de novembro de 1978, é un exfutbolista español. Xogaba de dianteiro e foi internacional coa selección española.
Biografía
[editar | editar a fonte]Mista era un dianteiro oportunista cunha notable capacidade goleadora e gran presenza física. Nos seus inicios caracterizouse pola súa capacidade para revolucionar os partidos saíndo desde o banco aínda que a tempada 2003-2004 na que anotou dezanove goles consagrouna entre a elite.
Formouse nas categorías inferiores do Real Madrid CF debutando en pretemporada co primeiro equipo, adestrado naquel entón por Fabio Capello. Naquela época, o Real Madrid B disputaba a Segunda B e Mista non vía ningunha opción de alcanzar o primeiro equipo. Por iso decidiu demandar ao seu club ao considerar que a cláusula de rescisión do seu contrato era demasiado elevada e estaba desporporcionada respecto da súa ficha. Unha vez iniciado o proceso xudicial, o Real Madrid e o CD Tenerife chegaron a un acordo para o seu traspaso (por unha cantidade moi inferior á da súa cláusula).
O seu periplo co club chicharrero en Primeira foi curto xa que culminou co descenso do equipo canario aínda que lle deu tempo a mostrar a súa calidade ao anotar tres goles en trece partidos nun equipo sumido nunha profunda crise.
Ese verán fichou polo Valencia CF que o mantivo cedido no Tenerife esta vez en segunda. Tras unha notable campaña na que anotou dezasete goles o equipo logrou o ascenso e xunto co seu compañeiro Curro Torres e o adestrador Rafael Benítez fixeron as maletas rumbo a Valencia.
As dúas primeiras tempadas no club che foron de adaptación xa que non foi titular máis que en contadas ocasións, anotando cinco e sete goles respectivamente.
Pero a campaña 2003-2004 supuxo un xiro fundamental na súa carreira xa que anotou dezanove goles converténdose no máximo goleador do equipo e un dos máis anotadores de toda a liga. Grazas á súa capacidade goleadora a Valencia CF logrou un histórico dobrete ao anotarse a liga e a Copa da UEFA. Pódese dicir, que grazas a el, a Valencia logrou títulos. Precisamente, neste torneo logrou anotar un gol na final disputada ante o Olympique Marsella, que acabou cun 2-0.
A tempada seguinte, debido aos problemas de renovación, xa que os directivos ofrecéronlle un pésimo contrato (ninguén coñece as cifras, por tanto é totalmente subxectivo), unido ao mal nivel xeral do equipo e a que de 29 partidos xogados só en 10 saíu de titular, xogando poucos minutos no resto, causaron un bajón no seu rendemento goleador anotando só oito goles.
A chegada de David Villa na tempada 2005-2006 relegoulle á suplencia o que, xunto a que xogou de mediapunta (a dianteira era para Vila), fixo diminuír considerablemente os seus rexistros goleadores. Isto, engadido á fichaxe de Morientes, condenoulle a un segundo plano na Valencia CF, polo que en xullo de 2006 decidiu fichar polo Atlético de Madrid, grazas á intervención do seu amigo "Suso" García Pitarch, sendo traspasado da capital do Turia á capital de España a cambio de 4,5 millóns de euros.
O Deportivo da Coruña fíchao en xuño de 2008 procedente do Atletico de Madrid coa carta de liberdade debido á imposibilidade de colocalo nalgún equipo previo pago. Firma por tres anos no club coruñés. Marca o seu primeiro gol como deportivista contra o Real Madrid na primeira xornada de Liga, pero perde a titularidade aos poucos partidos polo seu baixo rendemento. O 10 de xuño de 2010 chega a un acordo co Deportivo para a rescisión do seu contrato a falta dun ano máis na disciplina branquiazul.
No verán de 2011 anunciou a súa retirada do fútbol.
Selección nacional
[editar | editar a fonte]Foi internacional coa Selección de fútbol de España en dúas ocasións. O seu debut produciuse o 22 de marzo de 2005 nun partido disputado en Salamanca no que España se impuxo a China por tres a cero.
Coa Selección de fútbol de Murcia absoluta disputou tres encontros. Os tres que até agora disputou o seu combinado (ante Lituania, Ecuador e Guinea Ecuatorial).
Palmarés
[editar | editar a fonte]Campionatos nacionais
[editar | editar a fonte]Título | Club | País | Ano |
---|---|---|---|
Liga | Valencia CF | España | 2001-02 |
Liga | Valencia CF | España | 2003-04 |
Copas internacionais
[editar | editar a fonte]Título | Equipo | País | Ano |
---|---|---|---|
Copa da UEFA | Valencia CF | España | 2004 |
Supercopa de Europa | Valencia CF | España | 2004 |
Distincións individuais
[editar | editar a fonte]Distinción | Ano |
---|---|
Mellor xogador da final da Copa da UEFA | 2004 |
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Datos do xogador en bdfutbol.com (en castelán)
- Datos do xogador en fifa.com Arquivado 25 de outubro de 2012 en Wayback Machine. (en inglés)
- Nados en 1978
- Nados na Rexión de Murcia
- Futbolistas da Rexión de Murcia
- Dianteiros de fútbol
- Xogadores do Real Madrid C
- Xogadores do Real Madrid Castilla
- Xogadores do CD Tenerife
- Xogadores do Valencia CF
- Xogadores do Atlético de Madrid
- Xogadores do Deportivo da Coruña
- Xogadores do Toronto FC
- Xogadores da selección de fútbol de España sub-21
- Xogadores da selección de fútbol de España