Saltar ao contido

Rodolfo Bodipo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaRodolfo Bodipo
Biografía
Nacemento(es) Rodolfo Bodipo Díaz Editar o valor en Wikidata
25 de outubro de 1977 Editar o valor en Wikidata (48 anos)
Dos Hermanas Editar o valor en Wikidata
Director General (en) Traducir

Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
Altura181 cm Editar o valor en Wikidata
Peso76 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista, adestrador de fútbol Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoDianteiro Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de eventos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1997–1998 Albacete Balompié B
1997–1998 cesión:  Hellín CF (6)
1998–2001   Recreativo de Huelva 96(21)
2001–2004   Racing de Santander 81(27)
2004–2006   Deportivo Alavés 74(23)
2006–2013   Deportivo da Coruña 90(12)
2010–2010 cesión:  FC Vaslui 3(0)
2010–2011 cesión:    Elche CF 24(31)
2013–2013   Xerez CD 10(2)
  Selección nacional Número de eventos xogados
2003–2013   Guinea Ecuatorial 13(4)
  Adestrador Número de eventos xogados Puntos/goles/tantos anotados
Atlético Mancha Real Editar o valor en Wikidata
Participou en
2012Copa de África de Nacións de 2012 Editar o valor en Wikidata

Instagram: rodolfo_bodipo FIFA: 206471 Editar o valor en Wikidata

Rodolfo Bodipo Díaz, nado en Dos Hermanas (Sevilla) o 25 de outubro de 1977, é un exfutbolista hispano-ecuatoguineano. Xogaba de dianteiro e foi internacional coa selección ecuatoguineana.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Xogou no Club Deportivo Isla Cristina ata que en decembro de 1998 e grazas aos problemas económicos do seu club, fichou polo Recreativo de Huelva. Debutou co seu novo club o 20 de decembro de 1998 nun partido contra o Atlético de Madrid B. Na tempada 1999-2000 foi o máximo goleador do club Decano de España, o Recreativo de Huelva con 6 goles.

En 2001 fichou polo Racing de Santander. Esa tempada consegue o ascenso á Primeira División con este equipo. Debutou en Primeira o 31 de agosto de 2002 con resultado de Racing 0 - 1 Valladolid. Na súa última tempada co Racing xogou 20 partidos como titular e marcou 7 goles.

En 2004 fichou polo Deportivo Alavés conseguindo o ascenso a Primeira División esa mesma tempada, disputou 38 partidos como titular e marcou 16 goles.

En 2006 fichou polo Deportivo da Coruña pero por mor dunha lesión non puido xogar a tempada completa. Desde entón xoga no club galego, co que xogou na Copa da UEFA, na que marcou un gol.

O 8 de xullo de 2010 o Deportivo pechou a cesión do xogador ao FC Vaslui romanés por unha tempada,[1] anunciándose o 29 de agosto unha nova cesión, esta vez ao Elche CF, tamén por unha campaña.[2]

O 31 de xaneiro de 2013 rescindiu o seu contrato co Deportivo.[3]

Selección nacional

[editar | editar a fonte]

Bodipo foi internacional coa Guinea Ecuatorial en cinco ocasións, nas que marcou tres goles. Isto foi ante Liberia en setembro de 2006 no Estadio Internacional de Malabo e ante a selección nixeriana no mesmo estadio nun partido amigable. El é o capitán da súa selección e trátase dun dos xogadores referencia de dito combinado, xunto con Javier Balboa.

Palmarés

[editar | editar a fonte]
Deportivo

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]