O Instituto Galego de Estudos Célticos (IGEC) é unha asociación cultural creada no ano 2009. O principal obxectivo do Instituto é promover a investigación multidisciplinar no campo dos estudos celtas en Galicia, norte de Portugal e o marco atlántico europeo, con atención especial ás chamadas nacións celtas. O IGEC tamén promove o coñecemento da historia, cultura e sociedade de Galicia, así como o intercambio académico e científico. Ademais, o Instituto ten como obxectivo a recuperación e preservación (a través da educación) dos elementos da cultura celta presentes e visibles na sociedade contemporánea galega.
O IGEC participou nos foros públicos organizados en abril de 2011, The Celts of Atlantic Europe[1], en Narón. Delegados do IGEC participaron tamén ese mesmo ano no International Congress of Celtic Studies[2] en Maynooth, Irlanda.[3]
O Instituto ten autogoberno e é independente, a pesar de que moitos dos seus membros son académicos e traballan en distintas áreas como a arqueoloxía, a historia, a xeografía, a lingüística e as ciencias sociais.