Kermes vermilio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Quermes»)

Kermes vermilio
Cochinilla do carrasco
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Arthropoda
Clase: Insecta
Orde: Hemiptera
Suborde: Sternorrhyncha
Superfamilia: Coccoidea
Familia: Kermesidae
Xénero: Kermes
Especie: K. vermilio
Nome binomial
Kermes vermilio
Planchon, 1864
Sinonimia
Véxase o teto

Kermes vermilio ou cochinilla do carrasco, é un insecto hemíptero da superfamilia dos cocoideos e familia dos quermésidos, unha das sete integrantes do xénero Kermes.[1]

É un parasito de plantas, sendo os seus hospedeiros varias especies do xénero Quercus, principalmente en Quercus coccifera (do que toma o seu nome vulgar, do "carrasco"), especie que se distribúe polas rexións costeiras da parte occidental e central da conca do Mediterrâneo.[2]

Aspecie úsase para obter o colorante natural chamado carmesí ou quermes,[3] semellante ao carmín.

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Descrición[editar | editar a fonte]

A especie foi escrita en 1864 polo médico, farmacéutico e entomólogo francés Gustave Planchon.

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

Para o do xénero, véxase Kermes.

O epitero específico, vermilio, é unha adaptación do inglés vermilion, que designa esta tonalidade particular do vermello, e que é un présatamo do francés vermeillon, co mesmo significado, e que procede do frencés antigo vermeil, que significa "carmesí", e que deriva do latín vermiculus, que é un diminutivo de vermis, "verme".[4]

Sinónimos[editar | editar a fonte]

Ademais de polo seu nome válido na actualidade, a especie coñeceuse tamén polos sinónimos:[5]

  • Coccus vermilio Cockerell, 1929
  • Kermes ballotae Signoret, 1875
  • Kermococcus vermilio Leonardi, 1918
  • Talla ballotae Lindinger, 1933
  • Talla vermilio Lindinger, 1933

Características[editar | editar a fonte]

Este insecto presenta un claro diformismo sexual, sendo os machos alados e as femias ápteras. As femias teñen o aspecto de cochinillas coa cutícula brillante de cor vermella uniforme. A principios do verán comeza a posta de ovos, aproximadamente uns 1 500, que son de forma oval e cor alaranxada. A cutículo das femias mortas queda fixado nas poliñas afectadas, cun aspecto engurrado e amourado. As larvas son de contorno oval, de cor vermella intensa, e están recubertas por unha película cérea que segregan por uns tubérculos dispostos na cutícula da rexión ventral. As pupas dos machos son como abrochos sedosos brancos de aproximadamente 1,4 mm de lonxitude e, despois da metamorfose aparecen os machos aadultos, que presentan un par de ás ben desenvolvidas e outro par transdormados en hapterios que lle serven para o equilibro no voo; ao final do abdome xorden dous filamentos de lonxitude superior á do corpo; a súa boca non é funcional, tendo os seus apéndices maxilares pouco desenvolvidos, o que lle impide alimentarse, plo que a súa vida é fugaz, morrendo aos poucos días, despois de fecundaren ás femias.[6]

Das femias fecundadas deste parasito obtenese ácido quermésico, que se utillza como colorante natural púrpura, usado para tinguir sedas e incluso como colorante alimentario. Está citado na bibliografía xa no século XII.[7]

Ciclo biolóxico[editar | editar a fonte]

En España seguiuse o ciclo biolóxico deste insecto en diferentes altitudes, comprobándose que completa unha xeración nun ano. Unha vez realizada a posta e eclosionados os ovos, as larvas saen do interior do receptáculo que forma a femia no mes de xullo, e mostran unha grande actividade na primeira quincena da súa vida. Transcorrido este tempo, fíxanse á codia do carballo carrasco, preferentemente na base do pecíolo das follas, nos abrochos ou nas gallas das pólas, cravando un estilete para a súa alimentación. Unha vez fixadas as larvas, comenzan o seu crecemento, que se interrompe polas baixas temperaturas do inverno e se retoma cando estas son máis favorábeis, a comezos da primavera.[6]

No caso dos machos, a metamorfose é completa. A pupación ten lugar a mediados de maio, e os primeiros machos alados obsérvanse ao final dese mesmo mes. As femias presentan unha metamorfose sixela, até alcanzar o aspecto de femia adulta ápoda a mediados de maio. As femias podene reproduirse tamén de forma partenoxenética, dando lugar ás larvas femias, que completan o ciclo biolóxico.[6]

Ecoloxía[editar | editar a fonte]

O incremento da presenza deste insecto parece estar relacionado coas condicións climatolóxicas existentes, que poden favorecer o seu desenvolvemento, así como afectar aos inimigos naturais desta cochinilla e ás condicións vexetativas da árbore, facéndoo máis vulnerábel ao ataque.

Como no resto dos cocoideos, provoca danos directos sobre ás árbores colonizadas, debidos á succión do zume. Mediante as picadas producidas polas larvas e as femias adultas ocasiónase un debilitamento da árbore.

Uso[editar | editar a fonte]

A designación de varias tonaidades de vermello derivan directamente do nome deste insecto, quermes, vermilio: carmín, carmesí, vermello escarlata, vermellón.

Unicamente a femia de Kermes vermilio é utilizada para producir esta substancia tintoria vermella viva.[7]

A cochinilla permanece aínda hoxe en día na relación dos colorantes alimentarios, co código E-120,[8] pero esta cochinills é unha especie mexicana (Dactylopius coccus, que ten ácido carmínico) que substituíu a pequena cochinilla mediterránea. O principio activo tintorio deste cochinilla é o ácido quermésico.

Historia[editar | editar a fonte]

No sur de Francia (Languedoc e Provenza) e no sueste de España (hoxe Castela-A Mancha), o parasito, de forma esférica, pequeno tamaño (de 6 a 8 mm) e inmóbil na súa planta hospedeira, colleitábase de Quercus coccifera para secalo e despois moelo para obter unha tintura vermella escarlata, ás veces cunhas tonalidades rosa ou mourada. Colleitábase pola por mañá; de 1 kg das chamadas "sementes escarlatas" obtíñase de 10 a 15 g de pigmento puro.

Detectouse a súa presenza nos pigmentos das pinturas rupestres neolíticas. Desde a antigüidade, o seu uso estendeuse desde o Extremo Oriente cara ao oeste, porque a súa produción era motio menos traballosa e custosa que a da púrpura. Esta última, que se obtiña nun complexo proceso de extracción de moluscos do xénero Murex, sereservábase exclusivamente para o simbolismo do poder entre os antigos exipcios,[9] ao igual que entre os hititas, persas, gregos e romanos.[10] Foi utilizado polos monxes copistas para usar na tinta nas iluminacións dos manuscritos medievais. Fixo ricos aos tintureiros de Montpellier, chegando ao seu apoxeo no século XIV grazas ás magníficas teas escarlatas que competían co vermello da rubia de Aviñón. O prezo, alto, dependía da abundancia do insecto, suxeito aos caprichos do clima, da súa coletita traballosa e da estabilidade da tintura obtida nos tecidos e nas sedas.[11][12] Para tinguir un tecido fino era necesario colleitar de 1 a 1,5 millóns de insectos e o seu prezo era o equivalente ao custe de case tres anos de traballo dun mestre albalnel.[13]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Hodgson, Chris J. (1997): "Classification of the Coccidae and related Coccoid families", en Yair Ben-Dov & Chris J. Hodgson, eds. "Soft Scale Insects their Biology, Natural Enemies and Control", World Crop Pests, Volume 7, Part A, páxinaas 157-201.
  2. Balachowsky, A. S. (1953): "Sur les Kermes Boitard (Hom. Coccoidea) des chênes du bassin oriental de la Méditerranée". Revue de Pathologie Végétale et d'Entomologie Agricole de France 32: 181–189.
  3. Naturenet article with images and description of Kermes vermilio and its foodplant.
  4. vermilion no Merriam Webaster Dictionary.
  5. Kermes vermilio Planchon, 1864 en Catalogue of Life. 16-04- 2020. Consultado o 20-06-2020.
  6. 6,0 6,1 6,2 Kermes vermilio Planchon, 1864 no GBIF (en inglés).
  7. 7,0 7,1 Claire Giry-Lozinguez (17 de outobro de 1995): Dominique Cardon... Arquivado 13 de novembro de 2010 en Wayback Machine., en Libération (en francés). Consultada o 20 de xuño de 2020.
  8. Additif E120 - Cochenille. (en francés). Consultado o 20-06-2020.
  9. Detactouse a súa presenza en sarcófagos das momias exipcias.
  10. Entre os romanos, o seu uso reservábase para as clases sociais superiores: desde o rango de senador, a toga era deste vermmellón.
  11. Cardon, Dominique (1990): Le guide des teintures naturelles. París: Éditions Delachaux et Niestlé.
  12. Cardon, Dominique (2000): Teintures précieuses de la Méditerranée: Pourpre, Kermès, Pastel / Tintes preciosos del Mediterráneo: Púrpura, Quermes, Pastel. Carcassonne: Musée des Beaux-Arts / Terrassa: Centre de Documentació i Museu Tèxtil.
  13. Musée du Vieux Nîmes (1989):Rouge, bleu, blanc: teintures à Nîmes: exposition du 6 juillet au 30 septembre 1989, 84 páxinas.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]