Bolinus brandaris
Bolinus brandaris | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||
'Bolinus brandaris' (Linnaeus, 1758) | |||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||
Murex brandaris Linnaeus, 1758 |
Bolinus brandaris é un molusco gasterópodo mariño que vive en augas pouco profundas.
Descrición
[editar | editar a fonte]Cuncha duns 8 cm de lonxitude. O canal sifonal é longo e recto, tanto que pode supoñer a metade da lonxitude total da cuncha. É bastante robusto e con grandes espiñas dispuestas en fileira arredor da cuncha. Presenta unhas 6 voltas, sendo a última moito máis larga que as demais. O animal presenta un opérculo córneo no pé.
Distribución e hábitat
[editar | editar a fonte]Habita en fondos areoso-fangosos ou detríticos, cerca das rompentes do Mediterráneo e Atlántico oriental.
Reprodución
[editar | editar a fonte]Reprodúcese ao final da primavera poñendo os ovos en niños esbrancuxados esponxosos.
Alimentación
[editar | editar a fonte]É un molusco depredador e carnívoro, aliméntase doutros moluscos, bivalvos ou gasterópodos.
Gastronomía
[editar | editar a fonte]Como bo gasterópodo mariño comestible, este molusco forma parte da nosa alimentación.
Moi consumido en Andalucía, onde o nome derivou de cañadilla a cañaílla. Incluso en San Fernando, compártese indistintamente o xentilicio de isleño co de cañaílla.
Cada mes de xuño, na poboación de L'Escala (Costa Brava) celébrase un festival gastronómico dedicado a este molusco.
Na provincia de Málaga, este molusco recibe o nome de búsano, aínda que este nome corresponde a un molusco parecido de cuncha máis robusta que Bolinus brandaris, e con pugas e sifón máis curtos, de cor verdosa, de forma máis redondeada e de sabor máis forte (Hexaplex trunculus, tamén coñecido como Murex trunculus).
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Bolinus brandaris |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha en pescaderiascorunesas.es