Kermes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Kermes

Femias reprodutoras de Kermes echinatus
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Arthropoda
Clase: Insecta
Orde: Hemiptera
Suborde: Sternorrhyncha
Superfamilia: Coccoidea
Familia: Kermesidae
Xénero: Kermes
Latreille, 1798
Especies
Vexase o texto
Sinonimia
Vexase o texto
Kermes ilicis
Kermes quercus

Kermes é un xénero de insectos hemípteros da superfamilia dos cocoideos,[1] que é o tipo da familia dos quermésidos (cochinillas).

Taonomía[editar | editar a fonte]

Descrición[editar | editar a fonte]

O xénero foi descrito en 1798 polo entomólogo francás Pierre André Latreille.

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

O nome Kermes procede do árabe persa qirmiz, "carmesí", e este do sánscrito krimiga, "producido por insectos", de krmi, "verme, insecto".[2]

Sinónimos[editar | editar a fonte]

Ademais de polo nome actualmente válido, o xénero coñecuese tamén polos sinónimos:[3]

  • Dryocecis Amyot, 1848
  • Kermes Boitard, 1828
  • Kermococcus Silvestri, 1911
  • Kermesococcus Cromartie, 1959
  • Talla von Heyden, 1860

Especies[editar | editar a fonte]

Recoñécense no xénero unhas 20 especies,[4] entre elas:

O Sistema Integrado de Información Taxonómica, na actualidade, recoñece 18,[1] e ScaleNet, 65.[3]

Nota taxonómica[editar | editar a fonte]

Non todos os autores admiten a autoría do xénero por parte de Latreille, e adxudícanlla a Pierre Boitard en 1828, admitíndo, porén ambos os sinónimos. A razón é que opinan que o uso que Latreille, en 1798, lle dá ao nome Kermes, presentándoo como un nome común de grupo, o que non invalida o seu uso posterior por Boitard, en 1828, nun sentido mái técnico.[3]

Características[editar | editar a fonte]

Todas as especies de Kermes comparten os seguintes trazos anatómicos nas femias adultas:[5]

  • Presenza dunha banda submarxinal de conduto tubulares no ventre.
  • Poros multiloculares ventralmente nos segmentos abdominais
  • Un labio de tres segmentos con 14 setas sedas.

Rstudis recentes suxiren que moitas especies incluídas actualmente no xénero Kermes teñen unha morfoloxía moi variada, o que dificulta o diagnóstico xenérico, polo que é necesario realizar máis trablljos, en particular sobre as femias postreprodutoras.[5]

Bioloxía[editar | editar a fonte]

A maioría destes insectos son parasitos das árbores do xénero Quercus, aliméntanse do seu zume. Os individuos desenvólvense principalmente en fendas de casca e en pequenas poliñas.[6] ·

As femias producen un pigmento vermello, chamado quermes, que é a fonte natural do colorante carmesí.[7]

Historia[editar | editar a fonte]

Na época romana o médico Dioscórides escribiu que o mellor carmesí proviña do quermes das provincias de Galacia e Armenia.[8]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Kermes no ITIS.
  2. carmine no Online Etymology Dictionary. Consultado o 12 de xuño de 2012.
  3. 3,0 3,1 3,2 Kermes Boitard, 1828 en ScaleNet.info.
  4. Spodek, Malkie; Ben-Dov, Yair (2012). "Morphology of the first-instar nymph and adult female of Kermes echinatus Balachowsky, with a comparison to K. vermilio Planchon (Hemiptera, Coccoidea, Kermesidae)". ZooKeys 246: 11–26. ISSN 1313-2970. doi:10.3897/zookeys.246.3766. 
  5. 5,0 5,1 Spodek, M. & Ben-Dov, Y. (2014): "A taxonomic revision of the Kermesidae (Hemiptera: Coccoidea) in Israel, with a description of a new species". Zootaxa 3781 (1): 1-99
  6. (Ben-Dov, Y. et al. (2012): "Scale insect (Hemiptera: Coccoidea) species on pine trees of Turkey". Turkish Journal of Zoology 36 (5):623-636.
  7. Naturenet article with images and description of Kermes vermilio and its foodplant
  8. Obaldeston, T. A. (2000). Dioscorides, De Materia Medica. Cinco libros nun só volume: nova tradución inglesa moderna (PDF). Johannesburgo, Sudáfrica. ISBN 978-0-620-23435-1. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 04 de xaneiro de 2015. Consultado o 13 de xuño de 2020. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]