Carmesí
Carmesí | |
---|---|
Coordenadas de cor | |
Triplete hexadecimal | A51C30 |
Orixe | Carmesí (crimson), cor oficial da Universidade Harvard, baseado en Pantone 187.[1] |
O carmesí,[2] é unha cor que corresponde especificamente á coloración do po que resultaba de triturar os corpos secos das femias do insecto chamado quermes (Kermes vermilio),[3] que se recollían principalmente dos arbustos Quercus coccifera, e que se comercializaba nos países mediterráneos como pigmento para tinguir teas.
Tamén se chamaron "carmesí" ás cores subministrados pola tintura do quermes —que se asemella ao "carmín" das pinturas artísticas que hoxe en día se comercializan baixo esa denominación de cor— e os panos de seda ou de la tinguidos de cor escarlata nos que, polo xeral, se empregaba como mordente alume, e se tinguían con carmesí. Máis amplamente, por carmesí pode entenderse a cor escarlata ou calquera tea tinguida de vermello vivo.[3]
Etimoloxía[editar | editar a fonte]
O vocábulo "carmesí" aparece na lingua castelá a mediados do século XV, aínda que foi precedido por clemesín, utilizado durante o século XIV.[5] Deriva do latín medieval cremesinus,[6] por vía do árabe hispánico qarmazí, "da cor do quermes".[7][8] E do castelá pasou ao galego
Cor web[editar | editar a fonte]
As cores web establecidos por protocolos informáticos para o seu uso en páxinas web inclúen os carmesí (Crimson) que se mostran abaixo. En programación á posíbel invocalo polo seu nome, ademais de polo su valor hexadecimal. Véxase Triplete hexadecimal.
Carmesí | Carmesí | |
---|---|---|
HTML | #DC143C | #A20025 |
RGB | (220, 20, 60) | (162, 0, 37) |
HSV | (348°, 91 %, 86 %) | (346°, 100 %, 64 %) |
Referencia | X11 | Windows Phone 8.[9] |
Historia e usos[editar | editar a fonte]
Na Europa do século XV a cor escarlata era considerada a máis suntuosa e cara, e a carmesí, a ser similar, compartía ese privilexio. Foi un colorante de primeira orde na industria tintureira toscana da época, e á vez a principal cor das roupas de luto, seguida da escarlata e a pavonazo (unha púrpura escura).[3]
Vexiloloxía española[editar | editar a fonte]
A carmesí é considerada a cor vexilolóxico tradicional de Castela (España). Os pendóns de moitas vilas e pobos casteláns defínense, actual e tradicionalmente, por esa cor. Porén, a confusión acerca da cor precisa deste "carmesí" deu lugar a variantes.
Cómpre recordar que "carmesí" non é só unha denominación de cor, senón que tamén designa aos tecidos de seda ou de la tinguidos desa cor ou de escarlata e, por extensión, a calquera pano tinguido de vermello vivo.[3]
Nos séculos XVIII e XIX xulgouse que a chamada carmesí representaba a púrpura heráldica, levando a considerar o pendón castelán portado polos comuneiros como púrpureo, aínda sen ter probas diso. Posteriormente varios especialistas xustificaron o erro na decoloración de moitas bandeiras e estandartes de tafetá carmesí que, co paso dos anos, toman un ton violáceo ou purpúreo.
Na actualidade, numerosos territorios e localidades de España definen a cor das súas bandeiras como "carmesí", algúns simplemente de forma nominal e outros precisando a súa coloración de maneira exacta mediante especificacións técnicas, dando lugar a variacións. O máis habitual son as construcións coas armas do organismo ou municipio sobre un pano carmesí, como é costume cos reposteiros.
Vermello Cartagena[editar | editar a fonte]
Na rexión española de Murcia, a carmesí vexilolóxica denomínase vermello Cartagena; recibe ese nome debido a que é a cor da bandeira do municipio de Cartagena.[12]
Oficialmente normalizoose como Pantone 202, código pertencente ao sistema de color Pantone Matching System.
Trátase dun vermello purpúreo escuro.
Comunidades autónomas de España[editar | editar a fonte]
Bandeira de Castela-A Mancha, onde a metade da hasta defínese como "vermello carmesí", aínda que non se inclúe definición técnica
Pendón oficial de Castela e León, que leva o escudo da comunidade «sobre un fondo carmesí tradicional»
Bandeira da Comunidade de Madrid. Defínesw como "vermello carmesí", indicando con iso a súa castelanidade, aínda que se especifica tecnicamente como "vermello bandeira", adoptando a mesma cor que a bandeira de España
Bandeira da Rexión de Murcia, de cor "vermello carmesí ou vermello Cartagena", definido como Pantone 202
Estandarte oficial da Xeneralidade Valenciana, que fixa o escudo «sobre fondo carmesí tradicional rebereteado de ouro»
Provincias españolas[editar | editar a fonte]
Bandeira de Araba, de cor carmesí definido como Pantone 220
Bandeira da Provincia de Albacete
Bandeira da Provincia de León. A pesar de definirse habitualmente como "púrpura", a maioría dos exemplares actuais mostran o fondo en cor carmesí
Bandeira da Provincia de Segovia, de "vermello carmesí"
Bandeira da Provincia de Valladolid, de "vermello carmesí"
Bandeira de Biscaia
Municipios españois[editar | editar a fonte]
Municipios cuxas bandeiras se inscriben nun único campo carmesí:
Bandeira de Lleida
Bandeira de Toledo
Bandeira de Albacete
Bandeira de Cuenca
Bandeira de Cartagena
Bandeira de Jorquera
Bandeira de Vera
Bandeira de Muñana
Bandeira de Miranda de Ebro
Bandeira de Chiclana de la Frontera
Bandeira de La Granjuela
Bandeira de Aracena
Bandeira de Sahagún
Bandeira de Alpedrete
Bandeira de Getafe
Bandeira de Madrid
Bandeira de Paredes de Nava
Bandeira de Sevilla
Bandeira de Teruel
Bandeira de Alzira
Bandeira de Corbera
Bandeira de La Pobla del Duc
Bandeira de Aguilar de Campos
Bandeira de Abanto Zierbena
Bandeira de Valladolid
Bandeira de Peñafiel
Municipios cuxo compoñente carmesí é parcial:
Bandeira de Granada
Bandeira de Almería
Bandeira de Pulpí
Bandeira de Jaraicejo
Bandeira de Alcalá de los Gazules
Bandeira de Benamejí
Bandeira de Hinojos
Bandeira de Andújar
Bandeira de Cármenes
Bandeira de Móstoles
Bandeira de Navalcarnero
Bandeira de Baztán
Bandeira de Barruelo de Santullán
Bandeira de Lantadilla
Bandeira de Arroyo de la Encomienda
Galería[editar | editar a fonte]
Follaxe de Parthenocissus quinquefolia
Telón do gran teatro de Angers
Raíña María Luísa de Bélxica
Bandeira de Arequipa
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Exemple de charte graphique : Harvard Brand and Visual Identity Guidelines, Harvard U. 2014. Crimson en Pinterest.
- ↑ carmesí no Dicionario da RAG.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 Gallego, Rosa; Sanz, Juan Carlos (2005). Guía de coloraciones. Madrid: H. Blume. ISBN 84-8984-031-8.
- ↑ PANTONE PQ-19-1762TCX Crimson Pantone LLC, 2018
- ↑ carmesí, no Breve diccionario etimológico de la lengua castellana, Joan Corominas, 2011, consultado o 25 de xuño de 2020.
- ↑ crimson, no Online Etymology Dictionary, Douglas Harper, 2001–2012, consultado o 25 de xuño de 2020.
- ↑ carmesí en DiGalego. Consultado o 25 de xullo de 2020.
- ↑ carmesí no DRAE. Consultado o 25 de xullo de 2020.
- ↑ Windows Phone 8 Theme Colors Creepyed 2012
- ↑ "PANTONE 202 C" (en inglés). Pantone LLC. 2020. Consultado o 25 de xuño de 2020.
- ↑ "Find a PANTONE Color" (en inglés). Pantone LLC. 2014. Consultado o 25 de xuño de 2020.
- ↑ Durán Rodríguez, Adolfo (1989). "Murcia. Ciudad, reino, provincia, región" (PDF). Comunicaciones del IV Congreso Nacional de Vexilología (Alcalá de Henares ed.): 6. Consultado o 25 de xuño de 2020.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Carmesí |
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Cardon, Dominique (2003): Le monde des teintures naturelles. París: Belin. ISBN 978-2-7011-6143-3.
- Greenfield, Amy Butler (2005): A perfect red: Empire, espionage, and the quest for the color of desire. Nova York: HarperCollins. ISBN 978-0-0605-2275-9.
Outros artigos[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Center for Science in the Public Interest (nota de prensa) (1 de maio de 2006): Bug-Based Food Dye Should Be ... Exterminated, Says CSPI Arquivado 02 de xuño de 2006 en Wayback Machine. (en inglés).
- Carmine. Natural organic pigment known since antiquity en ColourLex (en inglés).