Gustave Planchon

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaGustave Planchon
Nome orixinalFrançois Gustave Planchon
Biografía
Nacemento29 de outubro de 1833
Ganges (Hérault)
Morte13 de abril de 1900
Montpellier
Datos persoais
País de nacionalidadefrancesa
Formación profesionalDoutor en Medicina e en Ciencias, diplomado en Farmacia
EducaciónUniversidade de Montpellier
Coñecido porser o descritor da especie Kermes vermilio
Actividade
OcupaciónFarmacéutico, entomólogo, botánico
Membro de
LinguaLingua francesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Abreviación dun autor en botánicaG.Planch. Editar o valor em Wikidata
Familia
IrmánsJules Émile Planchon
Premios
Oficial da Lexión de Honor

François Gustave Planchon, nado o 29 de outubro de 1833 en Ganges, Hérault, e finado o 13 de abril de 1900 en Montpellier (Hérault), foi un farmacéutico, botánico e entomológo francés.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Despois de obter en 1859 o doutoramento en Medicina na Universidade de Montpellier, foi nomeado profesor agregado da Facultade de Medicina de Montpellier, e profesor de Botánica na Facultade de Ciencias de Lausana, onde ensinou desde 1860 até 1862. Mentres realizaba as súas investigacións, continuou os estudos até obter o grao de doutor en Ciencias e título de farmacéutico, que acadoy en 1864. Nese mesmo ano, foi nomeado profesor agregado na Escola Superior de Farmacia de Montpellier. En 1872 obtivo a cátedra de Historia Natural das Drogas na Escola Superior de Farmacia de París. En 1886, foi nomeado director de dita Escola, ensinando nela até a súa morte, é dicir, durante case catorce anos.

Foi membro da Academia Nacional de Médicina de Feanciia, da Academia Nacional de Farmacia de Francia, e da Academia Real de Medicina de Bélxica.

Investigacións[editar | editar a fonte]

Gustave Planchon é sobre todo coñecido polas súas investigacións sobre a estrutura das drogas vexetais (ou animais no caso das cochinillas).

Bastante difícil de clasificar, no seu traballo dedicouse á farmacoloxía e a diversos campos das ciencias naturais, en particular á fisioloxía das plantas, a fitopaleontoloxía, á xeografía botánica (fitoxeografía) e a entomoloxía.

Como precursor, fixo que a materia médica se beneficiara da determinación das drogas polos sues caracteres morfolóxicos externos ao estudialas usando o microscopio, o que lle permitiu corrixir identificacións erróneas (Kermes vermilio vs Kermes ilicis), ou determinar moito máis precisamente a verdadeira orixe botánica de diferentes drogas.

Obras[editar | editar a fonte]

  • Publicación das 6ª e 7ª edicións revisadas da Histoire naturelle des drogues simples de G. Guibourt.
  • Études des tufs calcaires de Montpellier au point de vue géologique et paléontologique. Suivi de Des modifications de la flore de Montpellier depuis le XVIe siècle jusqu'à nos jours. París, F. Savy, 1864.
  • Traité pratique de la détermination des drogues simples 1875-76.
  • Les drogues simples d'origine végétale 1895-96 (en colaboración con E. Collin).

Abreviatura[editar | editar a fonte]

A abreviatura Planchon emprégase para recoñecer a Gustave Planchon como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]