Esternorrincos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Sternorrhyncha»)
Esternorrincos
Sternorrhyncha

Aleurocanthus spiniferus
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Arthropoda
Clase: Insecta
Orde: Hemiptera
Suborde: Sternorrhyncha
Duméril, 1806
Dúas moscas brancas da especie Trialeurodes vaporariorum (Aleyrodoidea).
Dactylopius coccus criados en cladodios ou pencas de chumbeira en Barlovento, La Palma, Canarias. (Coccoidea).
Pachysylla sp. un Psylloidea.
Aphis glycines (Aphidoidea).

A dos esternorrincos (Sternorrhyncha) é unha suborde de insectos hemípteros.[1]

Comprende os pulgóns, as moscas brancas e as cochinillas, grupos que tradicionalmente se incluían na suborde dos homópteros, hoxe obsoleto.

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Descrición[editar | editar a fonte]

A suborde foi descrita en 1806 polo zoólogo francés André Marie Constant Duméril.

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

O nome científico Sternorrhyncha está formado polos elementos do latín científico sterno-, e -rhyncha, derivados das voces do grego antigo στέρνον stérnon, "esterno", e ῥύγχος rhýnchos, "fociño", "rostro", respectivamente.

Superfamilias[editar | editar a fonte]

A suborde comprende as cinco superfamilias seguintes:[1]

Porén, algúns autores recoñecen seis:[3]

  • Coccoidea
  • Psylloidea
  • Aphidoidea
  • Aleyrodoidea
  • Phylloxeroidea
  • Adelgoidea

Características[editar | editar a fonte]

Distribuídos por todo o mundo, os membros deste grupo aliméntanse de plantas, e moitos deles son son graves pragas para os cultivos.

Moitas especies modificaron a súa morfoloxía e os seus ciclos de vida, incluíndo fenómenos como a partenoxénese, o dimorfismo sexual, e incluso a eusocialidade.

Filoxenia[editar | editar a fonte]

A filoxenia dos esternorrincos, baseada na análise da subunidade 18S do ARN ribosómico, está indicada no cladograma seguinte.[4]

Sternorrhyncha

Psylloidea

Aleyrodoidea (moscas brancas)

Coccoidea (cochinillas)

Aphidomorpha

Phylloxeroidea (filoxeroideos)

Aphididae (pulgóns)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Sternorrhyncha no ITIS.
  2. Phylloxeroidea na EOL.
  3. Sternorrhyncha en BioLib.
  4. "Phylogeny of Insects". What-When-How. Consultado o 13 de xuño de 2020. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]