Cremalleira de Núria

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 42°18′33.99″N 2°10′17.61″L / 42.3094417, -2.1715583

Cremalleira de Núria

O Cremalleira de Núria (en catalán: Cremallera de Núria) é unha liña ferroviaria que conecta Ribes de Freser, Queralbs e o Val de Núria na comarca do Ripollès, na provincia de Xirona. Xunto co de Montserrat é a única liña ferroviaria de tren cremalleira que hai na Península Ibérica.

Inaugurouse en 1931 e está operado por Ferrocarrils de la Generalitat de Catalunya (FGC). Como Queralbs é o punto máis alto do val con acceso por estrada, o cremalleira é a única vía de acceso ao santuario de Núria e á estación de esquí a parte do camiño de montaña. O cremalleira converteuse nunha das iconas características do val e da comarca.

O traxecto ten catro estacións e un baixador. As estación son Ribes-Enllaç, Ribes-Vila, Queralbs e Núria. O baixador é Rialb, que funciona como parada facultativa, e está situado entre Ribes de Freser e Queralbs.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]