A tempada 2008-2009 da Magners League foi a oitava edición da liga celta de rugby, creada en 2001. A liga tomou o nome Magners do seu principal patrocinador, unha empresa irlandesa fabricante de sidra.
O torneo estivo composto por 10 equipos (4 irlandeses, 4 galeses e 2 escoceses), e tivo un formato segundo o cal os equipos tiñan que disputar dúas voltas completas, de xeito que cada equipo se enfrontase ós outros 9 conxuntos dúas veces, unha como local e outra como visitante.