Cardiff Blues

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cardiff Blues
Nome completo Cardiff Blues
Alcume(s) Blues
Fundación 2003
Localización Cardiff, Gales
Estadio(s) Cardiff Arms Park
Capacidade 12.125
Presidente Gales Peter Thomas
Adestrador Gales Danny Wilson
Capitán Gales Matthew Rees
Máx. Anotador Flag of New Zealand.svg Ben Blair (1029)
Máis ensaios Gales Tom James (31)
Liga Pro12
Tempada 2015-16
Posición -
Páxina web oficial
[[Ficheiro:Kit shorts{{{pattern_sh1}}}.png|top|link=|alt=]]
Na súa casa
[[Ficheiro:Kit shorts{{{pattern_sh2}}}.png|top|link=|alt=]]
Fóra

Cardiff Blues (Galés: Gleision Caerdydd) é un dos catro equipos profesionais rexionais de rugby de Gales con base en Cardiff, a capital de Gales e que xoga os seus encontros no Cardiff Arms Park.

Cardiff Blues é o responsable do desenvolvemento do rugby na cidade de Cardiff, Vale of Glamorgan, o leste dos vales de Glamorgan e Breconshire.

O equipo compite no Pro12, liga que inclúe ós equipos profesionais de Gales, Escocia, Italia e Irlanda. Tamén disputa a Anglo-Welsh Cup fronte ó resto de equipos galeses e ingleses, e participa nas máximas competicións europeas a nivel de clubs, ou ben na European Rugby Champions Cup ou na European Rugby Challenge Cup.

Palmarés[editar | editar a fonte]

As mellores actuacións do club no campionato ligueiro foron os dous subcampionatos acadados nos anos 2006/07 e 2007/08, por detrás de Ospreys e Leinster respectivamente. Na tempada 2008/09 o club fíxose co título copeiro batendo na final a Gloucester por 50-12. Na tempada 2009/10 chegou o seu primeiro título europeo, cando gañou a Challenge Cup batendo a Toulon por 28-21.

Cardiff Blues é o único equipo de rugby galés que ten no seu palmarés un título continental.

Tempada actual[editar | editar a fonte]

Escocia Gales Irlanda Italia Pro12 — Tempada 2014/15
Posto Equipo Puntos Xogados Gañ. Emp. Per. BO BD
Escocia Glasgow 75 22 16 1 5 9 0
Irlanda Munster 75 22 15 2 5 8 3
Galesa Ospreys 74 22 16 1 5 6 2
Irlanda Ulster 69 22 14 2 6 6 3
Irlanda Leinster 62 22 11 3 8 8 4
Galesa Scarlets 57 22 11 3 8 4 3
Irlanda Connacht 50 22 10 1 11 3 5
Escocia Edinburgh 48 22 10 1 11 3 3
Gales Newport 42 22 8 0 14 4 6
10º Gales Cardiff 35 22 7 1 14 3 2
11º Italia Treviso 19 22 3 1 18 2 3
12º Italia Zebre 15 22 3 0 19 0 3

<<<< 2013/14 — Tempadas — 2015/16 >>>>


En verde      os equipos en play offs (1º, 2º, 3º e 4º).
En azul      os equipos clasificados para a Copa de Campións Europea de Rugby ademais dos 4 primeiros.
En amarelo      o clube que xogou o playoff pola Copa de Campións Europea de Rugby.
Na liga celta non hai descensos.

Galería[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]