Saltar ao contido

Pokémon Emerald

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Pokémon Emerald
 Título
ポケットモンスター エメラルド Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
 Xénero
 Modo de xogo
Autoría
 Desenvolvedor/a
 Deseñador/a
Temática
 Ambientado en
 Baseado en
 Obra derivada
Publicación
 Data de publicación
16 de setembro de 2004 (Xapón)
21 de outubro de 2005 (Europa)
9 de xuño de 2005 (Australia)
1 de maio de 2005 (América do Norte) Editar o valor en Wikidata
 País de orixe
 Editorial
 Distribuidor/a
 Formato de distribución
 Plataforma
 Parte da serie
 Unidades vendidas
6.320.000 (31 de marzo de 2007)
1.200.000 (30 de xuño de 2005) Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Clasificación
PEGI
CERO
USK
Redes
IMDB: tt0478230 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Pokémon Emerald Version (en xaponés: ポケットモンスター エメラルド; Poketto Monsutā Emerarudo) é un videoxogo de rol de 2004 desenvolvido por Game Freak e publicado por The Pokémon Company e Nintendo para a consola Game Boy Advance. Lanzouse orixinalmente no Xapón en 2004, e posteriormente distribuíuse internacionalmente no ano 2005. É unha versión mellorada de Pokémon Ruby e Sapphire e é o derradeiro xogo da terceira xeración da serie de videoxogos de Pokémon.

O modo de xogo e controis permaneceron sen cambios en relación cos xogos anteriores da serie; o xogador controla un adestrador Pokémon dende unha perspectiva aérea. Ó igual que en Ruby e Sapphire, o obxectivo principal do xogador é explorar a rexión de Hoenn e derrotar os oito líderes dos ximnasios Pokémon para poder retar os Elite Four e o seu campión. A subtrama principal é derrotar dúas organizacións criminais que intentan aproveitar o poder dun Pokémon lendario para os seus propios obxectivos. Ademais dos Pokémon que debutaron en Ruby e Sapphire, o xogo incorpora Pokémon de Pokémon Gold e Silver que non aparecían en Ruby e Sapphire.

A acollida de Emerald foi polo xeral positiva por parte da crítica.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]