Pokémon Channel
Pokémon Channel | |
---|---|
Tipo | videoxogo ![]() |
Xénero artístico | videoxogo de mascota virtual, videoxogo de crebacabezas e videoxogo de simulación ![]() |
Linguas
| |
Modo de xogo | videoxogo para un xogador ![]() |
Autoría | |
Desenvolvedor | Ambrella (en) ![]() ![]() |
Publicación | |
País orixe | Xapón ![]() |
Editorial | Nintendo ![]() |
Distribuidor/a | Nintendo ![]() |
Plataforma | GameCube ![]() |
Parte da serie | serie de Pikachu de Pokémon ![]() |
Clasificación | |
Contacto | |
Redes | ![]() ![]() |
[ Wikidata ] |
Pokémon Channel, estreado no Xapón como Pokémon Channel ~Together with Pikachu!~ (ポケモンチャンネル ~ピカチュウといっしょ!~ Pokemon Channeru ~Pikachū to Issho!~?) é un videoxogo de 2003 da serie de Pokémon desenvolvido por Ambrella para a consola GameCube. Foi publicado por The Pokémon Company e distribuído por Nintendo. O obxectivo do xogador é axudar ó Profesor Oak a mellorar e promocionar a súa nova canle de televisión que presenta cun Pikachu. O xogo contén elementos dos xéneros de aventura,[1] mascota dixital[2] e simulación.[3] O xogador pode explorar escenarios 3D, que Pikachu converse con outros Pokémon e recoller varios obxectos.
O xogo foi desenvolvido axiña como unha secuela do título de Nintendo 64 Hey You, Pikachu!, e para promocionar o accesorio Nintendo e-Reader. Emprega efectos de texturas 3D. Foi presentado en Electronic Entertainment Expo (E3) de 2003 e en diferentes eventos nos meses seguintes en Sapporo, Hokkaido, no Xapón. Lanzouse o 18 de xullo de 2003 no Xapón, o 1 de decembro en América do Norte e o 2 de abril de 2004 en Europa. No Xapón, o xogo vendeu 66 373 copias no seu primeiro ano. Recibiu valoracións dispares, criticando o seu baixo nivel de interactividade e os repetitivos efectos de son, aínda que os aspectos de colección e visuais foron mellor recibidos.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Torres, Ricardo. "Pokemon Channel Review: If you ever thought it would be cool to hang out with Pikachu, think again.". GameSpot. Arquivado dende o orixinal o 25 de marzo de 2014. Consultado o 27 de xaneiro de 2014.
- ↑ Irwin, Mary Jane (4 de decembro de 2003). "Pokemon Channel: Watch TV thanks to your GameCube.". IGN. Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2012. Consultado o 27 de xaneiro de 2014.
- ↑ Leeper, Justin (xaneiro de 2004). "Should You Touch That Dial?". Game Informer (129): 141.