Pokémon Sword e Shield: The Crown Tundra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Pokémon Sword e Shield: The Crown Tundra
XéneroVideoxogo de rol
Modos de xogoUn xogador
Plataforma(s)Nintendo Switch
SeriePokémon
editar datos en Wikidata ]

Pokémon Sword e Shield: The Crown Tundra (en xaponés: ポケットモンスター ソード・シールド 冠の雪原, Poketto Monsutā Sōdo Shīrudo: Kanmuri no Setsugen) é o segundo dos dous packs de expansión descargables en Pokémon Sword e Shield Expansion Pass para os videoxogos de rol de 2019 Pokémon Sword e Shield en Nintendo Switch. Foi desenvolvido por Game Freak e publicado por The Pokémon Company e Nintendo para a consola Nintendo Switch. Distribuíuse internacionalmente o 22 de outubro de 2020.[1][2] É o sucedor do outro pack, titulado The Isle of Armor (lanzado o 17 de xuño de 2020). O paquete físico Pokémon Sword and Shield Expansion Pass foi lanzado o 6 de novembro de 2020.[3]

O engadido do Expansion Pass substituíu a necesidade dunha terceira versión ou secuela de Sword e Shield.[4] Esta expansión está ambientada na área nevada coñecida como Crown Tundra, baseada en Escocia, na rexión de Sword e Shield coñecida como Galar. O xogador controla o protagonista durante a súa viaxe a través da tundra, o fogar de Pokémon lendarios novos e vellos dos xogos anteriores.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Farokhmanesh, Megan. "Pokémon Sword and Shield expansion, The Crown Tundra, launches October 22nd". The Verge. Arquivado dende o orixinal o 24 de decembro de 2020. Consultado o 29 de setembro de 2020. 
  2. Fischer, Tyler (9 de outubro de 2020). "Pokemon Sword and Shield: The Crown Tundra Trailer Features New Look at Legendaries". Comicbook.com. Arquivado dende o orixinal o 22 de outubro de 2020. Consultado o 31 de outubro de 2020. 
  3. "The Pokémon Sword + Pokémon Sword Expansion Pass and Pokémon Shield + Pokémon Shield Expansion Pass". Pokémon Sword and Pokémon Shield Official Website (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2019. Consultado o 10 de outubro de 2020. 
  4. "Game Freak announces Pokemon Sword and Shield expansion pass, which will replace the 'third' Pokemon edition". Destructoid. Arquivado dende o orixinal o 24 de decembro de 2020. Consultado o 27 de xullo de 2020. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]