Pokémon Trozei! recibiu unha puntuación de 8,25 sobre 10 por Game Informer sendo considerado "á vez encantador e desafiante para que mesmo aqueles que sintan náuseas ó pensar en Pokémon o reciban de todos os xeitos."[2]Nintendo Power, que outorgou ó xogo un 8,5 sobre 10, fíxose eco dese sentir, declarando que "un xogo elegante que é unha marabilla, sexas ou non fanático [de Pokémon]".[8] Alex Lucard de Diehard Game Fan deulle unha puntuación de 5,5 declarando que Pokemon Puzzle Challenge é mellor e máis barato.[10]