Pokémon Omega Ruby e Alpha Sapphire
| Pokémon Omega Ruby e Alpha Sapphire | |||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||||||
Pokémon Omega Ruby (en xaponés: ポケットモンスター オメガルビー; Poketto Monsutā Omega Rubī) e Pokémon Alpha Sapphire (en xaponés: ポケットモンスター アルファサファイア; Poketto Monsutā Arufa Safaia) son dous videoxogos de rol de 2014, senllos remakes dos videoxogos de 2002 Pokémon Ruby e Sapphire, que tamén incúen caractertísticas de Pokémon Emerald. Os xogos forman parte da sexta xeración da serie de videoxogos de Pokémon[1] e foron desenvolvidos por Game Freak e publicados por The Pokémon Company e Nintendo para a consola Nintendo 3DS. Foron anunciados en maio de 2014, e foron lanzados no Xapón, América do Norte e Australia o 21 de novembro de 2014, exactamente doce anos despois do lanzamento dos videoxogos orixinais Ruby e Sapphire, mentres que en Europa a data de lanzamento foi a semana seguinte.[2]
Omega Ruby e Alpha Sapphire recibiron polo xeral valoracións positivas por parte da crítica. Ata o 30 de setembro de 2020, os xogos venderon 14,34 millóns de copias en todo o mundo.[3]
Desenvolvemento
[editar | editar a fonte]Os fans de Pokémon estiveron especulando sobre o posible lanzamento dos remakes de ‘Ruby’ e ‘Sapphire’ durante anos, vendo múltiples referencias nos videoxogos sobre a rexión na que se desenvolve a trama, Hoenn, en Pokémon X e Y, do 2013. De feito, "Hoenn Confirmed" foi un meme moi empregado polos especuladores.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Pokémon Omega Ruby and Pokémon Alpha Sapphire". Pokemon.com. Nintendo/The Pokémon Company. Consultado o 8 de maio de 2014.
- ↑ Scullion, Chris (7 de maio de 2014). "Pokemon Ruby & Sapphire remakes coming to 3DS". Computer and Video Games. Consultado o 7 de maio de 2014.
- ↑ "IR Information : Financial Data - Top Selling Title Sales Units - Nintendo 3DS Software". Nintendo Co., Ltd. (en inglés). Consultado o 14 de decembro de 2020.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| A Galipedia ten un portal sobre: Xapón |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Sitio web oficial (en xaponés)
