Saltar ao contido

Pokémon HeartGold e SoulSilver

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Pokémon HeartGold e SoulSilver
 Título
   ポケットモンスター ハートゴールド・ソウルシルバー (ja) Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
 Composto por
Características
 Xénero artístico
 Formato de distribución
 Baseado en
 Ambientado en
 Modo de xogo
 Franquía de medios
 Lingua
 Plataforma
Implicados
 Produtor/a
 Desenvolvedor/a
 Mascota
 Director/a
 Editorial
 Distribuidor/a
Datas
 Data de publicación
12 de setembro de 2009 (Xapón)
2 de abril de 2010 (Países Baixos, Flandres)
26 de marzo de 2010 (Europa)
25 de marzo de 2010 (Australia)
14 de marzo de 2010 (América do Norte) Editar o valor en Wikidata
Historia
 Parte da serie
Cifras e dimensións
 Unidades vendidas
12.720.000 (2021)
2.270.000 (2009)
3.780.000 (2009)
8.400.000 (2010)
10.090.000 (2010)
10.930.000 (2010)
11.720.000 (2010)
11.900.000 (2011) Editar o valor en Wikidata
Localización
 País de orixe
Códigos e identificadores
Freebase/m/076wqf3 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Clasificación
PEGI
CERO
USK
Wikidata C:Commons

Pokémon HeartGold Version (en xaponés: ポケットモンスターハートゴールド, Poketto Monsutā Hātogōrudo) e Pokémon SoulSilver Version (en xaponés: ポケットモンスターソウルシルバー Poketto Monsutā Sōrushirubā) son dous videoxogos de rol de 2009 para a consola Nintendo DS, senllos remakes dos videoxogos de 1999 Pokémon Gold e Silver, que tamén inclúe características de Pokémon Crystal. Os xogos forman parte da cuarta xeración da serie de videoxogos de Pokémon e foron desenvolvidos por Game Freak e publicados por The Pokémon Company e Nintendo para a consola Nintendo DS. Co gallo do décimo aniversario do lanzamento de Gold e Silver, os xogos foron lanzados no Xapón o 12 de setembro de 2009, mentres que noutras rexións do mundo foron lanzados en diferentes días do mes de marzo de 2010.

HeartGold e SoulSilver están ambientados nas rexións ficticias de Johto e Kanto, as cales teñen diferentes tipos de criaturas chamadas Pokémon. O obxectivo principal dos xogos é converterse no mellor adestrador Pokémon en ámbalas dúas rexións mentres captura e derrota outros Pokémon e adestradores.

A recepción dos xogos foi altamente positiva, coas dúas versións sendo dos mellores xogos puntuados para Nintendo DS de todos os tempos en Metacritic. En marzo de 2013, as vendas combinadas das dúas versións acadaron os 12,67 millóns de copias, poñendo o título como un dos mellores xogos vendidos de Nintendo DS.[1]

Argumento e escenario

[editar | editar a fonte]

Similar a Pokémon Ouro e Prata, HeartGold e SoulSilver sitúanse na rexión de Johto. O universo Pokémon céntrase na existencia de criaturas chamadas Pokémon, de diversos tipos e con habilidades especiais. O protagonista é un xove adestrador Pokémon que vive en Vila Primavera. Ao comezo da partida, o profesor Elm ofrece ao xogador un Pokémon inicial entre tres posíbeis: Chikorita, Cyndaquil ou Totodile. Após realizar unha entrega para o profesor, o xogador comeza unha viaxe pola rexión.[2]

A meta consiste en converterse no mellor adestrador de Johto e Kanto, o que se logra criando Pokémon, completando un catálogo de Pokémon chamado Pokédex, e derrotando aos oito Líderes de Ximnasio en Johto e ao Alto Mando. Unha vez conseguido isto, é posíbel desafiar ao campión da liga, para posteriormente desbloquear a rexión de Kanto e os seus líderes de ximnasio. Finalmente, o xogador pódese enfrontar a Red (inglés para Vermello) no cume do Monte Prateado.

Durante o desenvolvemento da trama, o xogador enfrontarase contra membros do Team Rocket, unha organización criminal procedente de Kanto. Orixinalmente foron derrotados por Red, o protagonista de Pokémon FireRed e LeafGreen.[2] Intentan regresar ás súas actividades namentres esperan o regreso do seu líder, Giovanni. Para intentar contactalo, toman unha torre sede dunha emisora de radio en Cidade Trigal e mandan unha mensaxe chamando ao seu xefe.

Aínda que son recreacións das versións Gold e Silver, os xogos inclúen elementos da versión Cristal, como a énfase agregada de Suicune sobre as outras dúas bestas lendarias (Entei e Raikou), do mesmo xeito que o agregado da Torre de Batalla dispoñíbel após vencer ao Alto Mando. Tamén se introduciron características da cuarta xeración de Pokémon, como o "Parque Compi".

En certos puntos do xogo, o rival do protagonista combaterá contra o xogador para probar a súa habilidade. Ao longo do argumento, uns combates contra mozas con kimonos desbloquean o enfrontamento cun Pokémon lendario correspondente a cada versión (Ho-Oh en HeartGold, e Lugia en SoulSilver).[2]

  1. "Top Selling Software Sales Units - Nintendo DS Software". Nintendo. 31 de marzo de 2013. Consultado o 17 de marzo de 2026.
  2. 1 2 3 "Pokémon HeartGold Version". Nintendo España. Consultado o 17 de marzo de 2026.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]