Junichi Masuda
Junichi Masuda | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 12 de xaneiro de 1968 |
Lugar de nacemento | Iocoama |
Nacionalidade | Xapón |
Alma máter | Japan Electronics College e 藤嶺学園藤沢中学校 |
Ocupación | compositor, enxeñeiro, deseñador de xogos, produtor, programador, director de cinema e guionista |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Junichi Masuda (増田 順一 Masuda Jun'ichi?), nado en Iocoama o 12 de xaneiro de 1968, é un compositor de música para videoxogos, director, deseñador, produtor, cantante, programador e trombonista xaponés. É especialmente coñecido polo seu traballo na franquía Pokémon. É membro da mesa de dirección de Game Freak e é membro da compañía dende 1989, cando a fundou xunto con Satoshi Tajiri e Ken Sugimori.[1][2]
Co desenvolvemento de novos videoxogos de Pokémon, Masuda tomou diferentes roles nos proxectos. Comezou a producir e dirixir xogos, comezando con Pokémon Ruby e Sapphire, e fíxose responsable de aprobar os novos modelos de personaxes. O seu estilo busca manter os videoxogos accesibles ó tempo que engade novos niveis de complexidade. As súas obras musicais están inspiradas na obra de célebres compositores como Dmitrii Shostakovich, e usou a serie Super Mario como exemplo dunha boa composición de banda sonora para videoxogos.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Interview with Shinji Miyazaki and the Game Freak sound team - #pocketmonsters, your source for news about Pokémon and Pocket Monsters". Pocketmonsters.net. Consultado o 19 de xaneiro de 2011.
- ↑ "GAME FREAK Secret Base for GAME FREAK's 30th Anniversary Streaming will be on air!". Consultado o 27 de xaneiro de 2021.
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Junichi Masuda ![]() |