Saltar ao contido

Pokémon Crystal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Pokémon Crystal
Tipovideoxogo Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticovideoxogo de rol Editar o valor en Wikidata
Modo de xogovideoxogo para un xogador e videoxogo multixogador Editar o valor en Wikidata
Autoría
Compositor/aJunichi Masuda Editar o valor en Wikidata
DesenvolvedorGame Freak Editar o valor en Wikidata
Temática
Ambientado enJohto e Kanto Editar o valor en Wikidata
Baseado enPokémon Gold e Silver Editar o valor en Wikidata
Publicación
País orixeXapón Editar o valor en Wikidata
EditorialNintendo Editar o valor en Wikidata
Distribuidor/aNintendo eShop Editar o valor en Wikidata
Formato de distribucióncartucho e descarga dixital Editar o valor en Wikidata
PlataformaGame Boy Color Editar o valor en Wikidata
Parte da seriePokémon Editar o valor en Wikidata
Clasificación
Clasificación PEGI
Contacto
Páxina WEBpokemon.com… Editar o valor en Wikidata
RedesIMDB: tt0288740 Editar o valor en Wikidata
Wikidata ]

Pokémon Crystal Version (ポ ケ ッ ト モ ン ス タ ー ク リ ス タ ル バ ー ジ ョ ン Poketto Monsutā Kurisutaru Bajon?, "Pocket Monsters: Versión Cristal") é a terceira entrega da serie de videoxogos de Pokémon, de xénero RPG, desenvolvidos pola compañía xaponesa Game Freak e publicados por Nintendo para a súa consola portátil Game Boy Color. O xogo é unha versión actualizada das dúas versións anteriores, Pokémon Gold e Silver, e foi lanzado no Xapón o 14 de decembro de 2000. Foi lanzado nos Estados Unidos o 29 de xullo de 2001 e en Europa o 2 de novembro dese mesmo ano.[1][2] A diferenza dos seus predecesores, foi desenvolvido especialmente para a Game Boy Color e, polo tanto, non é compatible coa Game Boy orixinal, as súas variantes, e Super Game Boy.

A trama e xogabilidade de Pokémon Crystal é en gran parte a mesma que en Gold e Silver, aínda que ten novas características. É o primeiro xogo no que se pode escoller o sexo do seu personaxe, mentres que anteriormente o personaxe era sempre do sexo masculino. Os sprites dos Pokémon foron animados; por exemplo, cando un Cyndaquil entra na batalla, o lume e o seu escintileo móvense. Este recurso estaba ausente en Pokémon Ruby e Sapphire e Pokémon FireRed e LeafGreen, pero apareceu en todos os xogos seguintes. Ademais, un par de subtramas foron engadidas, unha envolvendo o Pokémon lendario Suicune, destacado na portada do xogo,[3] e a outra que inclúen a Unown. A maior adición do xogo foi a Battle Tower, un edificio novo que permite aos xogadores participar en Pokémon Stadium. A edición xaponesa do xogo foi lanzada exclusivamente xunto co Adaptador móbil GB (モ バ イ ル ア ダ プ タ GB Mobairu Adaputa Ji Bi?), un dispositivo que permite conectarse con outros xogadores a través do teléfono móbil.[4]

  1. "Pokemon Crystal Info". GameFAQs. Consultado o 2008-07-05. 
  2. Harris, Craig (2001-07-30). "Pokemon Crystal Version Review". IGN. Arquivado dende o orixinal o 11 de marzo de 2012. Consultado o 2008-07-05. 
  3. Povo, Frank (2001-07-30). "Pokemon Crystal for Game Boy Color Review". GameSpot. Arquivado dende o orixinal o 11 de marzo de 2012. Consultado o 2008-07-05. 
  4. Nix, Marc (2000-12-11). "Pokemon Crystal Version Preview". IGN. Arquivado dende o orixinal o 13 de xuño de 2011. Consultado o 2008-07-06. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]