Computer Entertainment Rating Organization

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "CERO")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Computer Entertainment Rating Organization
コンピュータエンターテインメントレーティング機構
CERO-logo.png
Publicación inicialxullo de 2002
TipoClasificación de contido de videoxogos
Sitio webwww.cero.gr.jp

A Computer Entertainment Rating Organization (特定非営利活動法人 コンピュータエンターテインメントレーティング機構 Tokutei Hieiri Katsudō Hōjin Konpyūta Entāteinmento Rētingu Kikō?) (CERO) é a organización que se encarga de clasificar os videoxogos en Xapón con niveis de clasificación ("rating") que informan ao consumidor acerca da natureza do produto e para que grupo de idades é adecuado. Foi establecido en xullo de 2002 como unha división da Computer Entertainment Supplier's Association, e usando a ESRB norteamericana como modelo e foi oficialmente recoñecido como organización sen fines de lucro en 2003.

Sistema de clasificación[editar | editar a fonte]

O 1 de marzo de 2006, a CERO fixo unha versión nova e revisada do seu sistema de índice de audiencia:

Clasificación por idades[editar | editar a fonte]

Icona Antigo Icona Actual Clasificación Descrición
CERO Shin Sa Yo Tei.svg Rating pending (審査予定 Shinsa yotei?) En proceso de clasificación (Equivale a RP en ESRB).
CERO Kyouiku Deitabeisu.svg Early Child and Data Base (教育・データベース Kyōiku dētabēsu?) Programas educativos e utilitarios lanzados en videoconsolas (Equivale a EC en ESRB e +3 en PEGI). É posible que haxa contido que poida ofender aos nenos.
CERO free.svg CERO A.svg All ages (全年齢対象 Zen nenrei taishō?) Situado para toda idade (Equivalente a E/E10+ en ESRB e +3/+7 en PEGI). Non hai contido que poida ofender aos nenos.
CERO 12.svg CERO B.svg Ages 12 and up (12才以上対象 Jūnisai ijō taishō?) Conten algunhas partes que non le poden gustar a menores de 12 anos (Equivalente a E10+/T en ESRB e +7/+12 en PEGI). Conten violencia menor de algún tipo, contido sexual leve o uso infrecuente de profanación usualmente.
CERO 15.svg CERO C.svg Ages 15 and up (15才以上対象 Jūgosai ijō taishō?) Algún contido pode ser inapropiado para menores de 15 anos (Equivalente a 12+/16+ en PEGI e a entre T/M en ESRB). Ninguén menor de 15 anos pode comprar videoxogos marcados con ela sen permiso dos pais. Pode conter violencia de algún tipo (xunto coa real), contido sexual medio, apostas moderadas o profanación moderada.
CERO D.svg Ages 17 and up (17才以上対象 Jūnanasai ijō taishō?) Conten un pouco de material adulto. Ninguén menor de 17 anos pode comprar videoxogos marcados co esta letra sen permiso dos pais. Así como con M en ESRB (Equivalente a +16/+18 en PEGI). Conten violencia forte con sangre e gore, contido sexual superior o intenso, apostas maiores, o profanación forte.
CERO 18.svg CERO Z.svg Ages 18 and up only (18才以上のみ対象 Jūhachisai ijō nomi taishō?) O contido é exclusivamente adulto. Así como con M/Adults Only en ESRB e 18+ en PEGI, ninguén menor de 18 pode comprar videoxogos con ela sen permiso dos pais. Conten violencia intensa con sangre e gore, contido sexual intenso, o profanación intensa. A única lexítimamente restrinxida.
CERO Kitei Teikikou.svg Demonstration (規定適合 Kitei tekigō?) Situado para as demostracións técnicas, e se quitará co lanzamento final.[1]

O símbolo correspondente encontrase localizado na cara frontal do paquete. Esta marca denota a correspondente idade para os que foron deseñados os contidos. A clasificación Z non é do todo distinta da D, a única diferenza é que a clasificación Z está regulada polo goberno xaponés.[2]

Descritores de contido[editar | editar a fonte]

No 2004, CERO usó o sistema de iconas a que se refiren e se encontra no reverso da caixa. As clasificacións A, base de datos o clasificación pendente non levan icona.

Imaxe mostrada Descrición Explicación Cualificación de idade correspondente
CERO Love.svg Amor o citas Pode conter referencias a relacións sexuais. É común en simuladores de citas. CERO B.svgCERO C.svgCERO D.svgCERO Z.svg
CERO Sex.svg Sexo Pode conter referencias a atraccións sexuais o relacións sexuais, así como pode conter nus e personaxes vestidos con roupa suxestiva. CERO B.svgCERO C.svgCERO D.svgCERO Z.svg
CERO Violence.svg Violencia Pode conter escenas de persoas que sufran feridas o que perdan a vida, frecuentemente mediante o uso das armas. Tamén poden conter derramamento o gotas de sangre. CERO B.svgCERO C.svgCERO D.svgCERO Z.svg
CERO Fear.svg Medo Pode conter escenas que se consideran do todo perturbadoras o aterradoras para os máis novos ou os xogadores emocionalmente vulnerables. CERO B.svgCERO C.svgCERO D.svgCERO Z.svg
CERO Tobacco and alcohol.svg Uso do alcohol o tabaco (incluíndo referencia) Pode conter referencias ás bebidas alcohólicas ou produtos de tabaco ou dunha substancia ficticia que ten consecuencias paralelas ás bebidas alcohólicas ou produtos de tabaco na vida real (no uso, posesión ou venda). CERO C.svgCERO D.svgCERO Z.svg
CERO Gambling.svg Apostas Pode conter apostas (con diñeiro real o ficticio) CERO C.svgCERO D.svgCERO Z.svg
CERO Crime.svg Crime o discriminación Pode conter violencia o acoso por motivos de raza, etnia, xénero o preferencias sexuais e todo tipo de delincuencia en xeral. CERO B.svgCERO C.svgCERO D.svgCERO Z.svg
CERO Drug Use.svg Drogas Pode conter referencias ás drogas ilexítimas ou dunha substancia ficticia que ten consecuencias paralelas ás drogas ilícitas na vida real (no uso, posesión ou venda). CERO B.svgCERO C.svgCERO D.svgCERO Z.svg
CERO Bad language.svg Linguaxe malfalado Pode conter groserías, tacos, insinuacións sexuais, ameazas e todo tipo de insultos. CERO B.svgCERO C.svgCERO D.svgCERO Z.svg

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "CERO - Ratings Wiki Guide". IGN (en inglés). 28 de xuño de 2013. Consultado o 24 de xuño de 2021. 
  2. David Jenkins (17 de febreiro de 2006). "Japan To Introduce Revised CERO Ratings System". Gamasutra (en inglés). Consultado o 24 de xuño de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]