Pokémon Mystery Dungeon: Adventure Team

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Pokémon Mystery Dungeon: Adventure Team
Desenvolvedor(es)Chunsoft
Distribuidora(s)The Pokémon Company
Director(es)Seiichiro Nagahata
Hironori Ishigami
Produtor(es)Koichi Nakamura
Deseñador(es)Kunimi Kawamura
Shonosuke Morisue
Tomohide Okaizumi
Artista(s)Daisuke Amakawa
Compositor(es)Kenji Ito
Keisuke Sasaki
Hideaki Shirato
Ami Shimizu
Natsuki Inage
Miyonjin Kimu
Wataru Hasegawa
Lanzamento 4 de agosto de 2009
Modos de xogoUn xogador
Plataforma(s)Wii (os xogadores poden usar Nintendo DS como controlador)
SeriePokémon Mystery Dungeon
Na rede
http://www.pokemon.co.jp/special/dungeon_boukendan/
editar datos en Wikidata ]

A serie de videoxogos Pokémon Mystery Dungeon: Adventure Team (en xaponés: ポケモン不思議のダンジョン冒険団シリーズ; Pokémon Fushigi no Danjon Bōken-dan Shirīzu) é un conxunto de tres xogos de rol creados para WiiWare como parte da serie de xogos Pokémon Mystery Dungeon. Os títulos, que foron lanzados no Xapón o 4 de agosto de 2009, son Pokémon Mystery Dungeon: Advance! Fire Adventure Team (en xaponés: ポケモン不思議のダンジョン すすめ!炎の冒険団; Pokémon Fushigi no Danjon Susume! Honō no Bōken-dan), Pokémon Mystery Dungeon: Go! Storm Adventure Team (en xaponés: ポケモン不思議のダンジョン いくぞ!嵐の冒険団; Pokémon Fushigi no Danjon Ikuzo! Arashi no Bōken-dan) e Pokémon Mystery Dungeon: Aim! Light Adventure Team (en xaponés: ポケモン不思議のダンジョン めざせ!光の冒険団; Pokémon Fushigi no Danjon Mezase! Hikari no Bōken-dan). Estes títulos son os primeiros da serie Mystery Dungeon en ser lanzados para unha consola caseira, sendo o seguinte título destas características Pokémon Mystery Dungeon: Rescue Team DX para a Nintendo Switch.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]