Saltar ao contido

Pokémon Diamond e Pearl

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Pokémon Diamond e Pearl
 Título
   ポケットモンスター ダイヤモンド・パール (ja) Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
 Composto por
Características
 Xénero artístico
 Ambientado en
 Modo de xogo
 Franquía de medios
 Obra derivada
 Lingua
 Plataforma
Implicados
 Desenvolvedor/a
 Mascota
Dialga (en) Traducir
Palkia (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
 Director/a
 Editorial
 Distribuidor/a
Datas
 Data de publicación
28 de setembro de 2006 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Parte da serie
Cifras e dimensións
 Unidades vendidas
17.670.000 (2021)
5.210.000 (2007)
12.170.000 (2007)
14.170.000 (2007)
14.770.000 (2008)
16.480.000 (2008)
16.810.000 (2009) Editar o valor en Wikidata
Localización
 País de orixe
Códigos e identificadores
Freebase/m/044jht Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Clasificación
PEGI
CERO
USK
Wikidata C:Commons

Pokémon Diamond Version (en xaponés: ポケットモンスター ダイヤモンド; Poketto Monsutā Daiyamondoe) e Pokémon Pearl Version (en xaponés: ポケットモンスター パール; Poketto Monsutā Pāru) son dous videoxogos de rol de 2006 desenvolvidos por Game Freak e publicados por The Pokémon Company e Nintendo para a consola Nintendo DS. Lanzouse orixinalmente no Xapón o 28 de setembro de 2006, e posteriormente foi lanzado en América do Norte, Australia e Europa ó longo do ano seguinte. Pokémon Platinum, unha versión mellorada, lanzouse ó mercado dous anos despois en cada rexión.

Ó igual que os xogos anteriores de Pokémon, Diamond e Pearl xiran arredor das aventuras dun adestrador Pokémon que captura e loita cos Pokémon ó mesmo tempo que frustra os plans dunha organización criminal chamada "Team Galactic". O xogo engade moitas características novas, como xogar en Internet a través de Nintendo Wi-Fi Connection, cambios na mecánica dos concursos Pokémon, ademais de 107 Pokémon novos. Os xogos son independentes entre eles, mais presentan en gran parte a mesma trama, e aínda que ámbolos dous se poden xogar por separado, é preciso intercambiar entre eles para completar a Pokédex.

O desenvolvemento de Diamond e Pearl anunciouse nunha conferencia de prensa de Nintendo a finais de 2004. Os xogos foron deseñados tendo en conta as características de Nintendo DS. O seu lanzamento estaba previsto en 2005 no Xapón, mais finalmente foi adiado a 2006, cadrando co décimo aniversario do nacemento da franquía. Para promover os xogos, Nintendo vendeu unha edición limitada de Nintendo DS Lite no Xapón, e tamén realizou unha festa de celebración para o lanzamento en América do Norte.

Os xogos recibiron valoracións favorables por parte da crítica. A maioría das recensións eloxiaron o engadido da característica do wifi, e malia que o modo de xogo non supuña unha grande evolución respecto dos títulos anteriores, seguía a ser interesante. Os xogos tiveron un grande éxito comercial, superando as cifras dos predecesores de Game Boy Advance: con preto de 18 millóns de unidades vendidas en todo o mundo, Diamond e Pearl superaron en dous millóns as unidades de Pokémon Ruby e Sapphire e en case 6 millóns as unidades de Pokémon FireRed e LeafGreen. Ademais superaron ós seus sucesores, Pokémon Black e White en máis de 2 millóns de copias. Os xogos están entre os máis exitosos de Pokémon de tódolos tempos.[1]

  1. "What are the best selling Pokemon games of all time?". Dexerto.com. Consultado o 3 de xaneiro de 2020.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]