Perspectiva aérea

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Paisaxe nos arredores de Boloña, de Frans Koppelaar. Esta pintura amosa o efecto que a perspectiva aérea produce en montañas afastadas.

A perspectiva aérea ou perspectiva atmosférica é o método polo cal se produce unha sensación de profundidade nunha pintura, imitando o efecto do espazo que fai que os obxectos aparezan máis pálidos, máis azuis e nebulosos ou menos distinguibles a distancia.

O termo foi acuñado por Leonardo da Vinci, mais a técnica utilizouse en antigos murais grecorromanos de Pompeia. Descubriuse que o po e a humidade do ambiente provocaban a dispersión da luminosidade. A luz pode ser luz de lonxitude de onda máis curta (azul) máis dispersa e luz de lonxitude de onda longa (vermella) menos dispersa.

Os pintores italianos da época de Leonardo empregaron o procedemento; e tamén foi explotada no século XV por artistas do norte de Europa e máis tarde por Joseph Mallord William Turner

Na arte chinesa e xaponesa practicábase un tipo de perspectiva aérea chamada fukinuki yatai, sen teitos nin tabiques.[1] A orixe está na dinastía Tang da China. Exemplos disto inclúen as covas de Mogao,[1] obras do Xapón de finais da era Heian[2] como Genji Monogatari[3] e o acto 10 de A Treasure of Loyalty de Hokusai Katsushika.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Stanley-Baker 2000, p. 82.
  2. Stanley-Baker 2000, p. 77.
  3. Safford 2010, p. 202.
  4. Beynon, David (2012). "Superflat architecture: culture and dimensionality" (PDF). Interspaces: Art+ Architectural Exchanges from East to West: 2–3. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 03 de febreiro de 2021. Consultado o 30 de xaneiro de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]