Pokémon Stadium[1] é un videoxogo de estratexia desenvolvido e publicado por Nintendo para a consola Nintendo 64. Estreouse orixinalmente no Xapón o 30 de abril de 1999[2] e posteriormente foi comercializado como Stadium no mundo occidental o ano seguinte,[3][4] sendo unha secuela do videoxogo de Nintendo 64 Pocket Monsters Stadium, que só foi distribuído no Xapón en 1998. O modo de xogo baséase nun sistema de batalla en 3D no que poden escollerse os 151 Pokémon dos xogos Pokémon Red, Pokémon Blue e Pokémon Yellow de Game Boy.