Videoxogo multixogador

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Multixogador")
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Un videoxogo multixogador é un videoxogo no cal máis dunha persoa pode xogar no mesmo ambiente de xogo á vez, ben sexa de forma local (como no xogo New Super Mario Bros. Wii) ou en liña a través de internet (como en World of Warcraft, Call of Duty). Os videoxogos multixogador polo xeral requiren que os xogadores compartan os recursos dun só sistema de xogo ou o uso de tecnoloxía de redes para xogar xuntos unha distancia maior; os xogadores poden competir contra un ou máis participantes humanos, traballar cooperativamente cun compañeiro humano para lograr un obxectivo común ou supervisar a actividade doutros xogadores. Os videoxogos multixogador permiten ós xogadores interactuar con outras persoas en sociedade, competencia ou rivalidade, achegándolles unha comunicación social ausente nos xogos para un só xogador.

Multixogador asíncrono[editar | editar a fonte]

O multixogador asíncrono é unha forma de xogo na que os xogadores non precisan xogar ó mesmo tempo.[1]

Notas[editar | editar a fonte]