Pokémon
Pokémon, Anime | |
---|---|
![]() | |
ポケットモンスター Poketto Monsutā (Pocket Monsters) | |
Anime Pokémon | |
Dirixido por | Masamitsu Hidaka (1997-2006) Norihiko Sudo (2006-presente) |
Estudio | {{{estudio}}} |
Canle televisiva | ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]()
|
Primeira emisión | 1 de abril de 1997 |
Última emisión | - |
Núm. de capítulos | 610 |

Pokémon (ポケットモンスター Poketto Monsutā?, Pocket Monsters, literalmente "monstros de peto" en galego) é unha franquía multimillonaria, que orixinalmente comezou coma un videoxogo, mais debido á súa popularidade logrou expandirse a outros medios de entretemento coma series de televisión, xogos de cartas, roupa, entre outros, converténdose nunha marca que é recoñecida no mercado mundial. As vendas de videoxogos até o 1 de decembro de 2006, acadaran unha cantidade de 175 millóns de exemplares (incluíndo a venda da versión Pikachu da consola Nintendo 64), atinxindo ocupar o segundo lugar das sagas de videoxogos máis vendidos de Nintendo. A franquía celebrou o seu décimo aniversario o 27 de febreiro de 2006.
A serie de videoxogos foi desenvolvida pola compañía programadora de software xaponesa Game Freak, con personaxes creados por Satoshi Tajiri para a empresa de xoguetes Creatures Inc., e á súa vez para Nintendo. A misión nestes xogos é aprehender e adestrar aos pokémon (personaxes cuxa denominación dá nome ao xogo), que até a data acadan o número de 1025. A posibilidade de os intercambiar fíxolle conseguir unha popularidade que se reflectiu nun éxito de vendas e a conseguinte aparición dunha serie animada, filmes e diverso merchandising coma peluches, xoguetes e cartas.
A produción dos videoxogos, a serie de anime e demais material para a súa distribución en occidente foi realizada nos Estados Unidos por 4Kids Entertainment até novembro de 2005, momento no que decidiu non renovar o seu contrato con Pokémon USA (unha subsidiaria de Pokémon Company). Actualmente esta supervisa todo o referente ao material de Pokémon na súa distribución en occidente.
Videoxogos
[editar | editar a fonte]Os videoxogos de Pokémon limitábanse nun principio ao xénero RPG. Após comprobaren o éxito da saga, espalláronse en moitos outros xéneros.
- Pokémon Red e Blue
- Pokémon Yellow
- Pokémon Gold e Silver
- Pokémon Crystal
- Pokémon Ruby & Sapphire
- Pokémon Emerald
- Pokémon FireRed e LeafGreen
- Pokémon Diamond & Pearl
- Pokémon Platinum
- Pokémon HeartGold e SoulSilver
- Pokémon Black & White
- Pokémon Black 2 & White 2
- Pokémon X & Y
- Pokémon Alfa Zafiro e Rubí Omega
- Pokémon Sun & Moon
- Pokémon Ultra Sun & Ultra Moon
- Pokémon Let´s Go, Pikachu! & Let´s Go, Eevee!
- Pokémon Sword & Shield
- Pokémon Trading Card Game
- Pokémon Stadium
- Pokémon Stadium 2
- Pokémon Colosseum
- Pokémon XD: Gale of Darkness
- Pokémon Mystery Dungeon: Blue Rescue Team and Red Rescue Team
- Pokémon Ranger
- Pokémon Battle Revolution
- Pokémon Mystery Dungeon: Explorers of Time and Explorers of Darkness
- Pokémon Picross
- Pokémon Shuffle
- Pokémon GO
- Pokémon Duel
- Detective Pikachu
- Pokémon Quest
- Magikarp Jump!
- Pokémon Masters
- Pokémon Pinball
- Pokémon Snap
- Pokémon Puzzle Challenge
- Pokémon Puzzle League
Anime
[editar | editar a fonte]As series e filmes de Pokémon, forman un anime metaserial que se basea na saga de videoxogos (agás Pokémon Amarelo). A serie segue as aventuras de Ash Ketchum (Satoshi na versión orixinal), quen desexa converterse nun Mestre Pokémon e que na compaña dos seus amigos viaxa ao redor do mundo ficticio de Pokémon. A versión orixinal da serie chámase Pocket Monsters, ou simplemente Pokémon nos países occidentais (a miúdo chamado Pokémon: Gotta Catch 'Em All para o distinguir das demais tempadas) Ash inicia o seu primeiro día de adestrador Pokémon co seu primeiro (e propio) pokémon, chamado Pikachu, a diferenza dos videoxogos onde o adestrador pode escoller a un Bulbasaur, Charmander, ou Squirtle.
A serie de anime foi estreada no Xapón o 1 de abril de 1997 na canle TV Tokyo e foi adaptada á cultura occidental por 4Kids Entertainment deica novembro do 2005. Actualmente Pokémon USA encárgase da produción e distribución da serie de anime en occidente.
- 1. Pokémon: Indigo League
- 2. Pokémon: The Adventures in the Orange Islands
- 3. Pokémon: The Johto Journeys
- 4. Pokémon: Johto League Champions
- 5. Pokémon: Master Quest
- 6. Pokémon Advanced
- 7. Pokémon: Advanced Challenge
- 8. Pokémon: Advanced Battle
- 9. Pokémon: Battle Frontier
- 10. Pokémon: Diamond and Pearl
- 11. Pokémon: DP Battle Dimension
- 12. Pokémon: DP Galactic Battles
- 13. Pokémon: DP Sinnoh League Victors
- 14. Pokemon: Black & White
- 15. Pokémon: BW Rival Destinies
- 16. Pokémon: BW Adventures in Unova and Beyond
- 17. Pokémon the Series: XY
- 18. Pokémon the Series: XY Kalos Quest
- 19. Pokémon the Series: XYZ
- 20. Pokémon the Series: Sun & Moon
- 21. Pokémon the Series: Sun & Moon--Ultra Adventures
- 22. Pokémon the Series: Sun & Moon - Ultra Legends
- 23. Pocket Monsters
Filmes
[editar | editar a fonte]Durante cada tempada da serie, preséntase un Filme Pokémon (劇場版ポケットモンスター Gekijōban Poketto Monsutā?, Pocket Monsters the Movie), protagonizado polos personaxes principais da serie. Até mediados do 2008, hai once filmes e un especial para a televisión (emitido fóra do Xapón e titulado "Mewtwo Returns"). Na trama de cada filme, hai un encontro cun pokémon lendario. As películas tamén empréganse para promoveren o novo Pokémon que se supón que vai aparecer nas novas versións do xogo.
Dende o primeiro filme até o sétimo, están precedidos por unha pequena curta denominada “The Pikachu Movie” (O Filme de Pikachu).
- 1. Pokémon: The First Movie (1998)
- 2. Pokémon: The Movie 2000 (1999)
- 3. Pokémon 3: The Movie (2000)
- 4. Pokémon 4Ever (2001)
- 5. Pokémon Heroes (2002)
- 6. Pokémon 6: Jirachi Wish Maker (2003)
- 7. Pokémon 7: Destiny Deoxys (2004)
- 8. Pokémon: Lucario & the Mystery of Mew (2005)
- 9. Pokémon Ranger & the Temple of the Sea (2006)
- 10. Pokémon: The Rise of Darkrai (2007)
- 11. Pokémon: Giratina & the Sky Warrior (2008)
- 12. Pokémon: Arceus & the Jewel of Life! (2009)
- 13. Pokémon: Zoroark: Master of Illusions (2010)
- 14. Pokémon the Movie: Black—Victini and Reshiram e White—Victini and Zekrom (2011)
- 15. Pokémon the Movie: Kyurem vs. the Sword of Justice (2012)
- 16. ExtremeSpeed Genesect: Mewtwo Awakens (2013)
Pokémon Trading Card Game
[editar | editar a fonte]Pokémon Trading Card Game é un xogo de cartas coleccionábeis baseado na serie de anime e videoxogos. Os xogadores empregan estrataxemas e usan as fortalezas e os puntos febles das súas cartas para derrotaren ao seu opoñente por knock out. O xogo foi lanzado por primeira vez na Norteamérica por Wizards Of The Coast en 1999. Porén, co lanzamento de Pokémon Rubí e Zafiro para Game Boy Advance, Wizards Of The Coast perdeu a licenza para publicar o xogo e Nintendo e Pokémon USA decidiron producir o xogo pola súa conta.
Manga
[editar | editar a fonte]O manga de Pokémon é un conxunto de historias, algunhas das cales están baseadas nos videoxogos, a serie de anime e os seus filmes.
O manga está publicado unicamente no Xapón por Shogakukan, Estados Unidos por Viz Media e en Singapur e a China por Chuang Yi.
Especies
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Lista de pokémon.
Os pokémon son unha clase de criaturas baseadas en moitos casos en animais reais ou criaturas míticas e mitolóxicas orientais. Outros inspíranse en cousas inanimadas e lendarias. Son capturados cun aditamento especial chamado Poké Ball (pokebola). Existe unha cantidade aproximada de 1025 pokémon; algúns deles son Pikachu, Mew, Raichu etc.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Pokémon ![]() |
En xaponés
En inglés
En castelán
En portugués