Pokémon Project Studio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Pokémon Project Studio
Desenvolvedor(es)Leisure Concepts
Distribuidora(s)The Learning Company
LanzamentoAmérica do Norte: 9 de novembro de 1999
XéneroEducativo
Modos de xogoUn xogador
Plataforma(s)Windows
SeriePokémon
editar datos en Wikidata ]

Pokémon Project Studio é un videoxogo de estudio de creación para Microsoft Windows, lanzado o 9 de novembro de 1999 en América do Norte. Foi autorizado por Nintendo of America, Inc., desenvolvido por Leisure Concepts e publicado por The Learning Company. O paquete ten dúas versións, Pokémon Project Studio Red e Pokémon Project Studio Blue, e inclúe os Pokémon dos xogos de Game Boy Pokémon Red e Blue xunto coa arte e os personaxes humanos da serie anime Pokémon.[1]

Acollida[editar | editar a fonte]

Recepción
Puntuacións
PublicaciónPuntuación
AllGame4/5 estrelas (Red)[2]
4/5 estrelas (Blue)[3]
Superkids4.1/5 estrelas (Blue)[4]

O xogo recibiu valoracións positivas por partes de pais e de nenos.[5] Kids Domain eloxiou o xogo pola súa sinxela navegación e imaxe atractiva, aínda que amosou a súa irritación pola imposibilidade de acceder ó contido prefabricado.[6] Unha característica decepcionante sinalada por un crítico de PC Accelerator foi a incapacidade de usar todos os Pokémon dispoñibles sen ter que intercambiar CD.[7]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Gotta make 'em all". The Learning Company. 17 de novembro de 1999. Arquivado dende o orixinal o 29 de febreiro de 2000. Consultado o 3 de novembro de 2020. 
  2. Brad Cook. "Pokémon Project Studio Red - Review - allgame". Allgame. Arquivado dende o orixinal o 15 de novembro de 2014. Consultado o 19 de marzo de 2021. 
  3. Brad Cook. "Pokémon Project Studio Blue - Review - allgame". Allgame. Arquivado dende o orixinal o 16 de novembro de 2014. Consultado o 19 de marzo de 2021. 
  4. "Superkids - Pokémon Project Studio Blue". Consultado o 3 de novembro de 2020. 
  5. "Cyber News - Pokémon Project Studio Red". febreiro de 2000. Consultado o 3 de novembro de 2020. 
  6. "Kids Domain: Pokémon Project Studio – Blue Version". Attitude Network, Ltd. novembro de 2000. Arquivado dende o orixinal o 11 de xaneiro de 2001. Consultado o 3 de novembro de 2020. 
  7. "Pika-Stew! Gotta Bake 'Em All!". PC Accelerator (Imagine Media) (18): 102. febreiro de 2000.