Saltar ao contido

Bearne

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaBearne
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 43°18′00″N 0°22′00″O / 43.3, -0.3667
CapitalPau Editar o valor en Wikidata
Poboación
Lingua oficialLíngua bearnesa (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Datos históricos
Creación1620 (Xuliano) Editar o valor en Wikidata
Disolución1790 (Xuliano) Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario

Situación do Bearne no departamento de Pireneos Atlánticos.
Situación do Bearne (en amarelo).
A liña vermella sinala a área do dominio lingüístico occitano.

O Bearne,[1][2][3] en francés Béarn, en gascón, variedade bearnesa, que é variedade máis occidental da lingua occitana, Bearn [beˈar] ou Biarn ['bjar], en aragonés, Biarn; en éuscaro: Bearno, é unha rexión natural e histórica de Francia, situada na vertente norte dos Pireneos.

Forma parte, coa Baixa Navarra, Lapurdi e Zuberoa, que compoñen o País Vasco francés (Iparralde), o departamento dos Pireneos Atlánticos, do cal ocupa o 60 % do territrio.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

Ocupa unha superficie de 4 672 km2 e a súa poboación en 2013 era de 365 393 habitantes.

A súa capital é a cidade de Pau.

O seu xentilicio é bearnés.

Desde a Revolución Francesa, Bearne constitúe a parte oriental do departamento dos Pireneos Atlánticos, do que ocupa os 3/5 do seu territorio. Está atravesado en diagonal polas gaves de Pau e de Olorón, cuxos vales paralelos son a parte máis viva do país.

A economía bearnesa sempre dependeu en gran medida da actividade agrícola e gandeira, e aínda mantén unha importante tradición nestes campos, pero na actualidade o Bearne tamén está orientado cara ás industrias de alta tecnoloxía, como a aeronaútica e as xeociencias (impulsadas polo descubrimento do xacemento de gas de Lacq en 1951).

Foi un antigo Estado soberano e unha antiga provincia francesa xurdida tras a unificación coa coroa real en 1620.

A historia do Bearn está unida a figuras ilustres como Gastón Febo, Henrique II de Navarra (Henri d'Albret) e co rei de Francia Henrique IV.

Este pequeno estado foi capaz de manter a súa independencia durante séculos ao lado dos seus poderosos veciños franceses e españois. Nunca deixou de defender a liberdade e a xustiza para todos os bearneses, nunha sabia mestura de aristocracia e democracia,[4] (aínda que fosen elementos anacrónicos na Idade Media).

Os foros de Bearne representan a máis antiga lexislación escrita de Francia,[5] e tratábase tanto duna carta política como dun código de xustiza ao que incluso o soberano de Bearn non podía subtraerse.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Suazo Pascual, Guillermo (2002). Prontuario de ortografía española: Incluye las nuevas reglas. Madrid: Editorial EDAF S. A. ISBN 8441407312. 
  • Saraiva, José H. (1987). Itinerário português: o tempo e a alma. Gradiva. 
  • Vasconcellos, Carolina Michaëlis de (1959). Dispersos: Linguística. Edição da Revista Ocidente. 
  • Tucoo-Chala, Pierre (1961). La Vicomté de Béarn et le problème de sa souveraineté: des origines à 1620. Bordeaux: Bière. 
  • de Marca, Pierre (1640). Histoire de Béarn. Paris: J. Camusat. 
  • Pailhès, Claudine (2007). Gaston Fébus, le prince et le diable. Paris: Broché. 
  • Bayrou, François (1994). Henri IV, le roi libre. Paris: Flammarion. 
  • Bidot-Germa, Dominique (2008). Un notariat mediéval: droits, pouvoirs et société en Béarn. Toulouse: Presses universitaires du Mirail. 

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.