Saint-Jean-Pied-de-Port
Coordenadas: 43°09′54″N 01°14′08″O / 43.16500, -1.23556
Saint-Jean-Pied-de-Port | ||
---|---|---|
Donibane Garazi | ||
Vista panorámica | ||
Localización | ||
País | ![]() | |
Rexión | Aquitania | |
Departamento | Pireneos Atlánticos | |
Distrito | Distrito de Bayonne | |
Cantón | Saint-Jean-Pied-de-Port | |
Xeografía | ||
Altitude | 180 msnm | |
Superficie | 2,73 km² | |
Demografía | ||
Poboación | 1.490 hab. (2011) | |
Xentilicio | Saint-Jeannais (en francés) Garaztar ou Donibandar (en éuscaro) | |
Outros datos | ||
Código postal | 64220 | |
Alcalde | Alphonse Idiart (2008-2014) | |
Web oficial |
Saint-Jean-Pied-de-Port (en francés e oficialmente; en éuscaro: Donibane Garazi) é unha vila e comuna francesa situada no departamento de Pireneos Atlánticos, na rexión de Aquitania. Forma parte do País Vasco Francés, e desde 1512 foi capital da Baixa Navarra[1]. Os seus habitantes reciben o xentilicio de Saint-Jeannais en francés e garaztar ou Donibandar en éuscaro.
Xeografía[editar | editar a fonte]
A comuna está situada na comarca de Pays de Cize, ao surdeste da Baixa Navarra. Está a uns 8 km da fronteira administrativa con España, e é unha das vilas polas que pasa o camiño francés da Ruta Xacobea. O río Rive ou Errobi, atravesa a localidade.
Historia[editar | editar a fonte]
Está situada nun lugar de paso, convertido en vía trala romanización. A vila foi fundada no século XII e desenvolveuse axiña como centro comarcal de comercio e comunicacións. En 1329 o rei Filipe III de Navarra concedeulle foros.
Trala invasión e conquista de Navarra en 1512, foi ocupada polo exército de Fernando II de Aragón, e durante ese ano foi escenario de frecuentes enfrontamentos. Permaneceu ocupada por unha importante gornición das tropas do reino de Aragón de forma intermitente, con períodos nos que pasaba a mans de tropas ao servizo do Reino de Navarra, até 1529, cando Carlos I de España abandonou toda a Baixa Navarra polo excesivo custo que supuña a súa conservación desde o punto de vista loxístico e militar. No século XVI sufriu tamén ataques e incendios no marco das guerras de relixión.
En 1620 Luís XIII de Francia uniu as coroas do Reino de Francia e do Reino de Navarra, e baixo o goberno de Richelieu, construíuse na vila a Ciudadela paa defendela dun posible ataque desde o sur.
En marzo de 1789, pouco antes da Revolución Francesa, reuníronse nesta vila os Estados de Navarra, que rexeitaron enviar representantes ás reunións dos Estados Xerais celebrados en París, alegando que a Baixa Navarra non era unha provincia francesa, senón un Reino que na persoa de Henrique IV de Francia se unira ao entón reino de Francia. Porén, en 1790 aprobaron a nova división administrativa francesa, que reuniu as terras da Baixa Navarra e o Béarn nun novo departamento.
Durante a Guerra da Convención foi o centro desde o que partiron os ataques franceses contra o sur dos Pireneos.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Donibane Garazi", artigo na Enciclopedia Auñamendi (en éuscaro).
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Saint-Jean-Pied-de-Port ![]() |
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Web municipal (en francés).