Escot

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Casa do concello de Escot.

Escot é un concello da comarca francesa de Bearn, sito no val de Aspe, administrado polo departamento dos Pireneos Atlánticos, na rexión da Aquitania. En 1999 tiña 105 habitantes, cunha superficie de 22,6 km².

Escot está ao pé da Vía Tolosana, un dos ramais do Camiño de Santiago.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Escot linda cos municipios de Lurbe Sant Cristau, Asasp Arròs, Sarrança e Bilhèra. Está cerca do coll de Maria Blanca, porto de montaña, que frecuentemente é atravesado polo Tour de Francia.

O concello de Escot está atravesado polo Gave de Aspe, afluente do Gave de Oloron (conca do río Adour).

Patrimonio[editar | editar a fonte]

  • Casas do século XVII.
  • Estación na liña de ferrocarril Pau-Canfranc, pechada ao tráfico desde 1970.
  • Epígrafe mencionando a vía romana entre Zaragoza e Aquitania no rochedo Pène d'Escot.
  • Igrexa parroquial da Assomption-de-la-Bienheureuse-Vierge-Marie, de fins do século XVII e do XIX.