L'Hôpital-Saint-Blaise
| Ospitalepea (eu) | |||||
| Alcume | izoztatü, minakaisto, gorejankin, pergüt, eskele e güsak | ||||
|---|---|---|---|---|---|
| Localización | |||||
| |||||
| Estado | Francia | ||||
| Divisións administrativas | Francia Metropolitana | ||||
| Rexións | Aquitania-Lemosín-Poitou-Charentes | ||||
| Departamento | Pireneos Atlánticos | ||||
| Distrito | distrito de Oloron-Sainte-Marie | ||||
| Cantón | Cantón de Mauléon-Licharre | ||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 55 (2023) | ||||
| Xeografía | |||||
| Situado na entidade territorial estatística | Q108921203 | ||||
| Superficie | 2,11 km² | ||||
| Altitude | 159 m-147 m-254 m-193 m | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Organización política | |||||
| Membro de | |||||
| Identificador descritivo | |||||
| Código postal | 64130 | ||||
| Sitio web | hopital-saint-blaise.fr | ||||
L'Hôpital-Saint-Blaise en francés, Ospitalepea en éuscaro, é unha localidade e comuna francesa situada no departamento de Pireneos Atlánticos, na rexión de Aquitania e no territorio histórico vascofrancés de Soa.
A comuna é atravesada polo Aucet, afluente do gave d'Oloron.
Historia
[editar | editar a fonte]L'Hôpital Saint-Blaise debe o seu nome a Ospital co significado de "casa grande", fundada a partir dun establecemento da orde dos cabaleiros hospitalarios que servía no Camiño de Santiago. Os cóengos da abadía de Sainte-Christine no alto de Somport construíron a mediados do século XII un "hospital da misericordia" do cal sobreviviu a igrexa clasificada Patrimonio Unesco da Humanidade xunto con outros monumentos de segmentos do Camiño francés.
A igrexa de Saint-Blaise
[editar | editar a fonte]Construída en pedra ocre, a igrexa de Saint-Blaise é un edificio relixioso declarado monumento histórico en 1888, que presenta unha mestura dos estilos arquitectónicos da Arte románica navarra e da arte hispanomusulmana.
Conservada desde o século XII, no edificio destacan as súas profundas ventás adornadas con esculturas, os seus arcos polilobulados e a súa cúpula octogonal que, soportada por columnas entrelazadas, recorda na súa xeometría á columnata da Mesquita de Córdoba.
