Pilotos de Fórmula 1 de España
Houbo quince pilotos de Fórmula 1 de España, o máis exitoso deles Fernando Alonso gañou o campionato mundial de pilotos dúas veces. Alonso é o único campión español e o único piloto de España que gañou un Gran Premio.[1][2] Pedro de la Rosa e Alfonso de Portago son os outros únicos pilotos españois que lograron estar no podio, terminando ambos en segundo lugar.[3]
Pilotos actuais[editar | editar a fonte]
No tempada 2016 de Fórmula 1 compiten dous pilotos españois.
Fernando Alonso debutou na Fórmula Un con Minardi, pero o equipo tivo dificultades para lograr un coche competitivo. Trasladouse a Renault para ocupar un posto de probador e logo déuselle un asento de carreiras co equipo en 2003. Gañou o campionato de pilotos en 2005 e retivo o título ao ano seguinte. No seu momento foi o gañador e o campión máis novo,[4] aínda que os rexistros xa foron superados por Sebastian Vettel.[5] Trasladouse a McLaren para a tempada 2007, pero tivo unha tensa relación co equipo, volvendo a Renault nos seguintes dous anos. En 2010 converteuse no primeiro piloto de Ferrari, gañando cinco carreiras no camiño ao segundo posto no campionato.[4][6] Alonso terminou segundo no campionato en tanto en 2012 como en 2013. Unha enquisa en Autosport entre 217 pilotos de Fórmula Un, Alonso foi votado como o 9º piloto máis grande de F1 de todos os tempos,[7] e foi etiquetado como "o piloto máis completo no deporte".[6]
Carlos Sainz comezou a súa carreira na Fórmula Un en 2015, pilotando para a Scuderia Toro Rosso.
Fernando Alonso
Posición na tempada 2016: Modelo:F1statCarlos Sainz Vázquez de Castro
Posición na tempada 2016: Modelo:F1stat
Ex pilotos[editar | editar a fonte]
O piloto Pedro de la Rosa tivo unha longa carreira na Fórmula Un logo de debutar en 1999. Estivo dous anos con Arrows antes de ocupar un posto de probador en Jaguar. Déuselle un posto de carreira substituíndo a Luciano Burti logo de catro grandes premios e permaneceu co equipo para o ano seguinte. Trasladouse a McLaren como piloto de probas, volveu a competir cando Juan Pablo Montoya deixou o equipo en 2006. Durante as oito carreiras restantes anotou 19 puntos, incluíndo un segundo posto. Perdeu o seu asento en carreira para Lewis Hamilton, pero quedou como piloto de probas ata 2010 cando asinou con BMW Sauber. Cesárono logo de 14 carreiras e volveu ao seu posto de probador en McLaren. Unha vez máis se asegurou un posto nas carreiras, pilotando para HRT en 2012.[8]
Jaime Alguersuari fixo o seu debut a metade da tempada 2009. Converteuse no piloto máis novo en competir nas carreiras de Fórmula Un, á idade de 19 anos e 125 días.[5] Toro Rosso despediu a Sébastien Bourdais e contratou a Alguersuari que tamén pilotou para o equipo en 2010 e 2011. Non lle renovaron ao final da tempada e non logrou fichar por ningún outro equipo para a tempada 2012.[9]
Marc Gené comezou na Fórmula Un en 1999 e pilotou durante dúas tempadas con Minardi. Asinou como o piloto de probas de Williams en 2001 e substituíu a Ralf Schumacher unha vez en 2003 e dúas veces en 2004.[10]
Luis Pérez-Sala foi o director do equipo español HRT, asumiu o papel en decembro de 2011. Como piloto Pérez-Sala correu con Minardi nas tempadas 1988 e 1989, terminando menos da metade das carreiras e anotando un só punto por un sexto lugar no Gran Premio do Reino Unido de 1989.[3][11]
Adrián Campos conduciu con Minardi en 1987, pero tivo unha tempada moi pobre, debido principalmente á falta de fiabilidade mecánica. Terminou unha soa carreira, a súa carreira de casa, e foi cesado en 1988 logo de non poder cualificar en tres carreiras consecutivas.[12] En 1998 fundou Campos Racing, que competiu nunha variedade de disciplinas de carreiras e logrou éxitos con Marc Gené e Fernando Alonso. Gañou un lugar para o equipo na grella de F1 de 2010 que evolucionou logo da toma de control dirixido por José Ramón Carabante, en HRT.[13]
Roberto Merhi correu para Manor Marussia en 2015.
Alfonso de Portago competiu en seis carreiras durante 1956 e 1957 con Ferrari.[3] terminou segundo no Gran Premio do Reino Unido de 1956, malia que deixara o seu coche para Peter Collins cuxo Ferrari sufrira un fallo mecánico.[14]
Emilio de Villota participou en 14 carreiras en catro tempadas, pero só se clasificou para dous delas. Ambas carreiras foron con McLaren en 1977 e de Villota foi incapaz de terminar máis arriba que do 13º lugar.[15] A súa filla, María de Villota, foi unha piloto de probas de Fórmula 1 pero non competiu nunca. En xullo de 2012 estaba probando un Marussia cando chocou contra un camión de apoio, sufrindo lesións na cabeza que terminaron a súa carreira deportiva.[16]
Francisco Godia participou en 14 carreiras con Maserati a través dunha andaina que se estendeu desde 1951 ata 1958.[17] O seu mellor resultado produciuse en 1956 cando terminou en cuarto lugar nos Grandes Premios italiano e alemán.
Alex Soler-Roig fixo o seu debut en 1970 con Lotus, pero non iniciou ningunha das tres carreiras nas que se presentou. Cambiouse a March ao ano seguinte e, aínda que comezou catro grandes premios foi incapaz de terminar ningún deles, nin de completar as dúas carreiras nas que comezou en BRM ao ano seguinte.[18]
Juan Jover (1951), Antonio Creus (1960), e Emilio Zapico (1976), todos participaron nun só un Gran Premio cada un, pero non completaron a carreira.
Liña temporal[editar | editar a fonte]
1950 | 1951 | 1952–1953 | 1954 | 1955 | 1956–1957 | 1958 | 1959 | 1960 | 1961–1969 | 1970–1972 | 1973–1975 | 1976 | 1977–1978 | 1979–1980 | 1981–1982 | 1983–1986 |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Jover | ||||||||||||||||
Godia | Godia | Godia | ||||||||||||||
de Portago | ||||||||||||||||
Creus | ||||||||||||||||
Soler-Roig | ||||||||||||||||
Zapico | ||||||||||||||||
de Villota | de Villota |
1987 | 1988 | 1989 | 1990–1998 | 1999–2000 | 2001–2002 | 2003–2004 | 2005–2006 | 2007–2008 | 2009 | 2010–2011 | 2012 | 2013–2014 | 2015 | 2016–2017 |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Campos | ||||||||||||||
Pérez-Sala | ||||||||||||||
de la Rosa | de la Rosa | de la Rosa | ||||||||||||
Gené | Gené | |||||||||||||
Alonso | ||||||||||||||
Alguersuari | ||||||||||||||
Sainz | ||||||||||||||
Merhi |
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Referencias[editar | editar a fonte]
- ↑ "Drivers". EPSN F1. ESPN EMEA Ltd. Consultado o 30 de outubro de 2012.
- ↑ "Barcelona Practice 3: Vettel peaking at the right time". YallaF1.com. 12 de maio de 2012. Arquivado dende o orixinal o 10 de febreiro de 2013. Consultado o 30 de outubro de 2012.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 "Take 12 Spaniards - a nation's racing history". Formula1.com. Formula One World Championship Limited. 24 de abril de 2008. Consultado o 30 de outubro de 2012.
- ↑ 4,0 4,1 "Fernando Alonso (biography)". Formula1.com. Formula One World Championship Limited. Consultado o 30 de outubro de 2012.
- ↑ 5,0 5,1 Manishin, Glenn. "All-Time F1 Records". Consultado o 5 de setembro de 2012.
- ↑ 6,0 6,1 "Fernando Alonso". EPSN F1. ESPN EMEA Ltd. Consultado o 30 de outubro de 2012.
- ↑ "Fernando Alonso". Autosport. Consultado o 30 de outubro de 2012.
- ↑ "Pedro de la Rosa". EPSN F1. ESPN EMEA Ltd. Consultado o 30 de outubro de 2012.
- ↑ "Jaime Alguersuari". EPSN F1. ESPN EMEA Ltd. Consultado o 30 de outubro de 2012.
- ↑ "Marc Gené". EPSN F1. ESPN EMEA Ltd. Consultado o 30 de outubro de 2012.
- ↑ "Luis Perez-Sala". EPSN F1. ESPN EMEA Ltd. Consultado o 30 de outbro de 2012.
- ↑ "Adrián Campos". EPSN F1. ESPN EMEA Ltd. Consultado o 30 de outubro de 2012.
- ↑ "HRT (team profile)". Formula1.com. Formula One World Championship Limited. Consultado o 30 de outbro de 2012.
- ↑ "Grand Prix Results: British GP, 1956". GrandPrix.com. Inside F1, Inc. Consultado o 30 de outubro de 2012.
- ↑ "Emilio de Villota". EPSN F1. ESPN EMEA Ltd. Consultado o 30 de outubro de 2012.
- ↑ "Maria de Villota: Driver loses right eye after crash". BBC News. 4 July 2012. Consultado o 30 de outubro de 2012.
- ↑ "Paco Godia". EPSN F1. ESPN EMEA Ltd. Consultado o 30 de outubro de 2012.
- ↑ "Alex Soler-Roig". EPSN F1. ESPN EMEA Ltd. Consultado o 30 de outubro de 2012.