Saltar ao contido

Pidgin éuscaro-algonquino

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pidgin éuscaro-algonquino
Falado en: Canadá
Rexións: Península do Labrador, Terra Nova
Total de falantes: Extinta
Familia: Linguas crioulas
 Crioulo de base éuscara
  Pidgin éuscaro-algonquino
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: ---
Mapa

Lugares de pesca dos vascos.
Status

O pidgin éuscaro-algonquino ou algonquino-éuscaro (en éuscaro: Algonkin-euskara pidgina), foi un pidgin empregado polas tribos micmac, innu e posiblemente algunha outra tribo nativa americana e polos baleeiros vascos como medio de comunicación. Máis tarde, os baleeiros franceses que ían ás costas de Terra Nova e Península do Labrador a cazar baleas e comerciar con peles tamén o empregaron. Había tres grupos das Primeiras Nacións que os vascos distinguían. Os dous cos que tiñan boas relacións eran os montagnais e os iroqueses. Tamén coñecían ós inuit, ós cales consideraban hostís. Os vascos referíanse a estes pobos como "Montaneses", "Canaleses" e "Esquimoas" respectivamente.[1]

O vocabulario probablemente estaba formado por micmac-innu e éuscaro, aínda que ó ser o gascón a lingua de prestixio no País Vasco francés, algunhas palabras neste idioma tamén se incorporaron ó pidgin. Aínda que os vascos se asentaron na zona en 1527, o pidgin puido comezar a falarse contra o 1530 e tivo a súa idade dourada entre 1580 e 1635. A última vez que foi atestado foi en 1710.[2]

A súa existencia menciónase en varias fontes contemporáneas independentes, pero tan só se coñecen unhas poucas frases e menos de 30 palabras soltas en éuscaro. Na Histoire de la Nouvelle France (1612) Lescarbot fala de como a xente nativa se acomodaba a eles falando unha lingua que lles era máis familiar e na que había moito "éuscaro" mesturado.

  1. "Echoes from the Past". Arquivado dende o orixinal o 29 de setembro de 2012. Consultado o 14 de novembro de 2015. 
  2. Bakker, Peter (1989). ""The Language of the Coast Tribes is Half Basque": A Basque-American Indian Pidgin in Use between Europeans and Native Americans in North America, ca. 1540-ca. 1640". Anthropological Linguistics 31 (3/4). pp. 117–147. JSTOR 30027995. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Mitxelena, L. (1984): "Lingüística inmanente y lingüística trascendente", Anuario del seminario de filología vasca "Julio Urquijo", 18, p. 251-266, Donostia-San Sebastián, Excma. Deputación Foral de Guipúzcua.
  • P. Bakker (1989): "The language of the coast tribes is half basque", Antropological linguistics 31: 117-147.
  • P. Bakker (199?): "Davis Strait, Hudson Strait and teh Gulf of Saint Lawrence", Language contact in Artic 270-309, General Trends in Linguistics 49?.

Outros artigos

[editar | editar a fonte]