A lingua nawathinehena é unha lingua morta da familia algonquina, falada outrora entre os arapaho. O seu desenvolvemento fonolóxico era bastante diferente das linguas atsina ou o propio arapaho, coas cales estaba emparentada. Foi identificada como a lingua dos arapaho do sur, os cales comezaron a falar só arapaho no século XIX. Porén, a lingua non está ben documentada, xa que só se conserva un vocabulario recollido en 1899 por Alfred L. Kroeber dun arapaho en Oklahoma.[1]
Aínda que comparte moitas innovacións fonolóxicas importantes co arapaho, presenta a fusión de *r, *θ e *s con *t como t no canto de n como en arapaho, un cambio de son que lembra ás linguas siksiká e cheyenne.[2][3]