A lingua etchemin é unha lingua algonquinamorta, pertencente ao subgrupo oriental, que se falou outrora na costa de Maine. O termo etchemin pénsase que é unha alteración francesa dunha palabra algonquina para 'canoa' ou unha tradución de skidijn, a palabra nativa para os habitantes dos ríos St. John, Passamaquoddy e St. Croix.
O único rexistro coñecido da lingua etchemin é unha lista dos números do un ao dez rexistrada por Marc Lescarbot a comezos do século XVII[1] e publicada no seu libro The History of New France (1609). Os números da lista coinciden cos das linguas maliseet-passamaquoddy, abnaki oriental, así como outras linguas do sur de Nova Inglaterra como o wampanoag, mais no seu conxunto non cadran con ningunha outra lingua algonquina. A lingua etchemin desapareceu pouco despois da visita de Lescarbot, e descoñécese que foi da tribo. Todos os outros rexistros lingüísticos chamados 'etchemin', baixo unha análise máis detallada, parecen ser a veciña lingua maliseet-passamaquoddy.