Lingua kickapoo
Kickapoo Metotheeneniaatoweeheni[1] | ||
---|---|---|
Falado en: | Estados Unidos México | |
Total de falantes: | 1200 (citados en 1978) | |
Familia: | Álxico Algonquino Algonquino central Fox Kickapoo | |
Escrita: | Alfabeto latino | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | --
| |
ISO 639-2: | --- | |
ISO 639-3: | kic
| |
Mapa | ||
Status | ||
A lingua kickapoo (cuxo autoglotónimo é metotheeneniaatoweeheni)[1] é considerada tanto unha lingua distinta como un dialecto da lingua fox, coa que ten un alto grao de intelixibilidade mutua, así como coas variedades sauk e meskwaki. A lingua clasifícase no subgrupo central das linguas algonquinas.
Recuperación da lingua
[editar | editar a fonte]En 1985, a escola da nación kickapoo en Horton, Kansas, comezou un programa de inmersión lingüística para os cursos de primaria para revivir o ensino e o uso da lingua kickapoo no xardín de infancia ata o 6º curso.[3] Os esforzos na educación lingüística continúan na maioría dos sitios de poboación kickapoo.
En 2010, o programa "Head Start" na reserva kickapoo de Texas, que ensina a lingua kickapoo, converteuse na "primeira escola nativa americana en conseguir a certificación do proxecto Texas School Ready! (TSR)".[4] Malia estes esforzos, non hai nenos que sexan falantes de kickapoo como primeira lingua, xa que optan por falar inglés.[1] Existen textos,[5] recordings,[6] e un vocabulario da lingua[7] dispoñibles para a xente que queira aprender a lingua.
Tamén en 2010, o Instituto Nacional de Antropoloxía e Historia de México participou na elaboración dun alfabeto kickapoo.[8] Os kickapoo en México son coñecidos pola súa lingua a base de asubíos.
Na cultura popular
[editar | editar a fonte]A lingua kickapoo e membros da tribo kickapoo apareceron no filme The Only Good Indian (2009), dirixido por Greg Wilmott e protagonizado por Wes Studi. A historia baséase nos nenos nativos americanos que foron obrigados a asistir a un internado indio, onde se viron obrigados a falar inglés e abandonar as súas prácticas culturais.[9]
Sistema de escrita
[editar | editar a fonte]En 1974, Paul Voorhis desenvolveu un alfabeto kickapoo que foi revisado en 1981.[10] O Programa de Desenvolvemento da Lingua Kickapoo de Oklahoma emprega unha nova ortografía.[11]
Letra | a | aa | ch | e | ee | h | i | ii | k | m | n | o | oo | p | s | t | th | w | y |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Pronuncia | ə | ɑ | tʃ | e | æ | h | ɪ | i | k | m | n | o | ɔ | p | s | t | θ | w | j |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 Bluecloud, Mosiah Salazar (2020). A Sketch Grammar of the Kickapoo Language (PDF). The University of Arizona.
- ↑ Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022.
- ↑ Reaves, Michell Reaves (2001-08-11). "Canku Ota - Aug. 11, 2001 - Indians Value Their Language". Canku Ota (Many Paths), an Online Newsletter Celebrating Native America, Medill News Service (42). Consultado o 2012-07-19.
- ↑ "Kickapoo Traditional Tribe of Texas First Native American Tribe to Achieve Texas School Ready! Certification". Newswise, University of Texas Health Science Center at Houston. 2010-01-26. Consultado o 2012-07-19.
- ↑ "OLAC resources in and about the Kickapoo language". Consultado o 2012-07-19.
- ↑ "Recordings for study of the Shawnee, Kickapoo, Ojibwa, and Sauk-and-Fox :: American Philosophical Society". Consultado o 2012-07-19.
- ↑ "OLAC Record: Kickapoo vocabulary". 1988. Consultado o 2012-07-19.
- ↑ "Kickapoo Language Prepared to be Written". Art Daily. 2010-04-12. Arquivado dende o orixinal o 16 de marzo de 2012. Consultado o 2012-07-19.
- ↑ "Kickapoo Language, Culture to be Featured in Film". Hiawatha World Online. 2007-09-12. Arquivado dende o orixinal o 2012-08-10. Consultado o 2012-07-19.
- ↑ Cowan, William (1981). Papers of the Thirteenth Algonquian Conference. Otava, Canadá: Universidade de Carleton. pp. 81–89. ISBN 9780770901233.
- ↑ 11,0 11,1 Bluecloud 2020, p. 17-24.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Pobos indíxenas de América |