Saltar ao contido

Lingua ojibwa do norte do lago Superior

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O ojibwa do norte do lago Superior é un dialecto da lingua ojibwa falado na costa norte do lago Superior, na área do leste do lago Nipigon, en Sault Ste. Marie, Ontario. As comunidades inclúen (de leste a oeste) Pic Mobert, Pic Heron, Pays Plat, Long Lac, Aroland, Rocky Bay e Lake Helen, todas elas en Ontario.[1]

Trazos dialectais

[editar | editar a fonte]

Os trazos distintivos do norte do lago Superior reflíctese nun pequeno número de "características gramaticais e características léxicas substanciais".[2] Este dialecto atópase no grupo meridional de dialectos ojibwa, mais tamén contén unha mestura cos dialectos setentrionais.[3] Comunidades como Aroland e Long Lac que están na parte norte da área dialectal mostran máis características que se atopan nos dialectos do norte.[4]

O ojibwa do norte do lago Superior non aparece incluído en Ethnologue.[5]

  1. Valentine, J. Randolph, 1994, 28, 33
  2. Valentine, J. Randolph, 1994, p. 45
  3. Valentine, J. Randolph, 1994, pp. 39-40; 437
  4. Valentine, J. Randolph, 1994, p. 437
  5. Gordon, Raymond G., 2005

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Gordon Jr., Raymond G., ed., 2005. Ethnologue: Languages of the World, 15th edition. Ethnologue: Languages of the World Dallas: Summer Institute of Linguistics. ISBN 978-1-55671-159-6
  • Valentine, J. Randolph. 1994. Ojibwe dialect relationships. PhD dissertation, Universidade de Texas, Austin