Saltar ao contido

Broken oghibbeway

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Broken oghibbeway
 Instancia de
Propiedades
 Alfabeto
Clasificación lingüística
Xeografía
 País
 Orixinario de
Wikidata

O broken oghibbeway foi un pidgin ou lingua auxiliar derivada da lingua ojibwa que se usou durante a era do comercio de peles norteamericano nos vales dos ríos Wisconsin e Mississippi. Os datos sobre a lingua foron recollidos durante a década de 1820 en Prairie du Chien, Wisconsin por Edwin James, un médico e naturalista, que tamén deu o seu nome ao pidgin.[1] Foi descrita como "...unha lingua cun vocabulario restrinxido extraído do dialecto de Otava do ojibwa con algunhas palabras da lingua fox, outra lingua algonquina da rexión, e con morfoloxía ojibwa reestruturada e reducida, mais non ausente".[2]

James recoñeceu que o broken oghibbeway era diferente da variedade de ojibwa que se falaba no Territorio de Wisconsin. Sinalou que "... é o dialecto empregado polos comerciantes e os mestizos para falar cos menominee e winnebago, e tamén moitos dos síux, sauks e fox".[2]

  1. Nichols, John. 1995. "The Ojibwe verb in 'Broken Oghibbeway.'" Amsterdam Creole Studies 12, pp. 1-2.
  2. 2,0 2,1 Nichols, John, 1995, p. 1.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]