Lingua cree das chairas
| Lingua cree das chairas | |||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| ᓀᐦᐃᔭᐍᐏᐣ | |||||||||
|
Instancia de
| |||||||||
| Propiedades | |||||||||
|
Número de falantes
| |||||||||
|
Dialecto de
| |||||||||
|
Estado de lingua da UNESCO
| |||||||||
| Clasificación lingüística | |||||||||
| Xeografía | |||||||||
|
País
| |||||||||
|
Orixinario de
| |||||||||
| Identificadores | |||||||||
| |||||||||
| Wikidata | |||||||||
A lingua cree das chairas (cuxo endónimo é: ᓀᐦᐃᔭᐍᐏᐣ nēhiyawēwin; ou de maneira alternativa: ᐸᐢᑳᐧᐃᐧᓃᒧᐃᐧᐣ paskwâwinîmowin "lingua das persoas das chairas")[1] é unha variedade da lingua cree, da familia algonquina, a cal é a máis falada das linguas indíxenas canadenses. O cree das chairas considérase un dialecto da lingua cree-montagnais ou un dialecto da lingua cree distinto da lingua montagnais.[2] O cree das chairas é un dos cinco principais dialectos do cree neste segundo sentido, xunto co cree dos bosques, cree dos pantanos, cree moose e o atikamekw. Aínda que non se favorece ningún dialecto único do cree sobre outro, o cree das chairas é o que máis se usa. Dos 116.500 falantes da lingua cree, a variedade de cree das chairas é falado por preto de 34.000 persoas principalmente en Saskatchewan e Alberta, mais tamén en Manitoba e Montana.
O número de persoas que poden falar unha lingua indíxena, como o cree das chairas, aumentou. Por exemplo, no censo de 2016, 263.840 persoas podían falar unha lingua indíxena o suficientemente ben como para manter unha conversación. Entre 1996 e 2016, o número total de persoas que sabían falar unha lingua indíxena aumentou un 8%. O número de falantes de cree das chairas aumentou de xeito semellante xunto co aumento da poboación nos últimos 20 anos.[3] O cree das chairas está clasificado como "vulnerable" polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO.[4]

Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Plains Cree language". Plains Cree Dictionary. Algonquin Dictionary Projects. Consultado o 7 de novembro de 2023.
- ↑ Hammarström, Harald; Forkel, Robert; Haspelmath, Martin; Bank, Sebastian (2022-05-24). "Cree-Montagnais-Naskapi". Glottolog. Max Planck Institute for Evolutionary Anthropology. Arquivado dende o orixinal o 2022-10-15. Consultado o 2022-10-29.
- ↑ *Stats Canada
- ↑ Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| A Galipedia ten un portal sobre: Pobos indíxenas de América |

