Oso tibetano

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Oso do Himalaia»)
Oso tibetano
Ursus tibetanus

Ursus thibetanus no zoo de Wroclaw
Estado de conservación
Vulnerable
Vulnerable[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Mammalia
Orde: Carnivora
Suborde: Caniformia
Familia: Ursidae
Subfamilia: Ursinae
Xénero: Ursus
Especie: U. thibetanus
Cuvier, 1823
Área de distribución do oso tibetano (marrón – existente, negra – extinto, gris escura – presenza incerta)
Área de distribución do oso tibetano
(marrón – existente, negra – extinto, gris escura – presenza incerta)

Área de distribución do oso tibetano
(marrón – existente, negra – extinto, gris escura – presenza incerta)
Subespecies
Véxase o texto
Sinonimia
Véxase o texto

O oso tibetano (Ursus thibetanus), tamén chamado oso do Himalaia e oso negro asiático, é unha especie de mamífero carnívoro da familia dos úrsidos, subfamilia dos ursinos, unha das catro actualmente viventes incluídas no xénero Ursus.[2]

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Descrición[editar | editar a fonte]

A especie foi descrita en 1823 polo naturalista francés Georges Cuvier, no seu traballo publicado en Rech. Oss. Foss., Nouv. ed., 4: 325.[2]

Sinónimos[editar | editar a fonte]

  • Selenarctos thibetanus
  • Ursus torquatus

Subespecies[editar | editar a fonte]

Recoñecense sete subespecies,[2] coa área de distribución que se indica:[3]

Características[editar | editar a fonte]

É un oso que habita nos bosques de Asia (desde Irán até o Xapón), preferentemente en zonas montañosas.[3]

Está estreitamente emparentado co oso negro americano (Ursus americanus) e, en menor medida, co oso pardo (Ursus arctos) e co oso polar (Ursus maritimus).[3]

Mide entre 1,30 e 1,90 m de lonxitude, cun peso de 100 a 200 kg no caso dos machos e uns 90 kg no das femias, polo que se pode considerar un oso de tamaño medio.[3]

Caracterízase polo seu manto de pelos negros en todo o corpo, máis longog no colo, e unicamente interrompido no fociño e unha banda en forma de "V" no peito, de cor leonada.[3]

A súa esperanza de vida en liberdade é duns 25 anos.[3]

Distribución[editar | editar a fonte]

A área de distribución desta especie abarca os bosques do oeste de Afganistán e Paquistán, do norte da India, o Nepal, Bután, Birmania e o noroeste da China. Está presente tamén nalgunhas zonas do Xapón, e é o único oso que se pode encontrar en liberdade en Taiwán.[3]

Alimentación[editar | editar a fonte]

Trátase dunha especie omnívora que se alimenta practicamente de todo. A súa dieta inclúe froitas, bagas, noces, raíces, pequenos invertebrados, mel, peixes, aves e mamíferos de tamaño pequeno e medio, así como preas.[3]

Relación cos humanos[editar | editar a fonte]

En zonas demasiado perturbadas pola acción do home, estes osos poden volverse agresivos e atacar aos humanos, como no Xapón e o nordeste da China, onde estes ataques aumentaron ultimamnte. Por esta razón non gozan de especial simpatía nos países onde viven, e adoitan ser matados polo hombre, que os considera un inimigo potencial.[1][3]

Estado de conservación[editar | editar a fonte]

A relación co humanos, unida á deforestación das rexións onde habita e a que a medicina tradicional chinesa demanda certas partes do seu corpo, extinguírono en moitas rexións. Porén, a especie nom se considera que estea actualmente en perigro de extinción, aínda que si se clasifica como vulneráble na lista da IUCN.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Garshelis, D. & Steinmetz, R. (2020): Ursus thibetanus na Lista vermella da UICN. Versión 2021-2. Consultada o 23 de novembro de 2021.
  2. 2,0 2,1 2,2 Ursus thibetanus G. Cuvier, 1823 en: Wilson, Don E. & Reeder, D. M., editors (2005): Mammal Species of the World — A Taxonomic and Geographic Reference.
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 3,7 3,8 Garshelis, D. L. (2009): "Family Ursidae (Bears)". En: Wilson, D. E. & Mittermeier, R. A. eds. Handbook of the Mammals of the World. Volume I Carnivores. Barcelona: Lynx Edicions. ISBN 978-84-9655-349-1.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]