Saltar ao contido

Oso tibetano

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Oso tibetano
Ursus thibetanus
Georges Cuvier 1823 Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Categoría taxonómica
Características
 Ciclo diurno
 Fonte de
 Hábitat
 Conservación
Especie vulnerable
Clasificación taxonómica
SuperreinoHolozoa
ReinoAnimalia
FiloChordata
ClaseMammalia
OrdeCarnivora
FamiliaUrsidae
XéneroUrsus
EspecieUrsus thibetanus Editar o valor en Wikidata
Cuvier, 1823 Ursus thibetanus Editar o valor en Wikidata
Cifras e dimensións
 Forza da mordida
   44 Editar o valor en Wikidata
 Duración máxima da vida
   39,2 a Editar o valor en Wikidata
 Período de xestación
   7 m Editar o valor en Wikidata
Localización
 Mapas
Distribución
Códigos e identificadores
Freebase/m/02x0z7 Editar o valor en Wikidata
ITIS621850 Editar o valor en Wikidata
OTT872580 Editar o valor en Wikidata
UICN22824 Editar o valor en Wikidata
CoL7F2JC Editar o valor en Wikidata
EOL328069 Editar o valor en Wikidata
Wikidata G:Commons C:Commons

O oso tibetano (Ursus thibetanus), tamén chamado oso do Himalaia e oso negro asiático, é unha especie de mamífero carnívoro da familia dos úrsidos, subfamilia dos ursinos, unha das catro actualmente viventes incluídas no xénero Ursus.[1]

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

Descrición

[editar | editar a fonte]

A especie foi descrita en 1823 polo naturalista francés Georges Cuvier, no seu traballo publicado en Rech. Oss. Foss., Nouv. ed., 4: 325.[1]

Sinónimos

[editar | editar a fonte]
  • Selenarctos thibetanus
  • Ursus torquatus

Subespecies

[editar | editar a fonte]

Recoñecense sete subespecies,[1] coa área de distribución que se indica:[2]

Características

[editar | editar a fonte]

É un oso que habita nos bosques de Asia (desde Irán até o Xapón), preferentemente en zonas montañosas.[2]

Está estreitamente emparentado co oso negro americano (Ursus americanus) e, en menor medida, co oso pardo (Ursus arctos) e co oso polar (Ursus maritimus).[2]

Mide entre 1,30 e 1,90 m de lonxitude, cun peso de 100 a 200 kg no caso dos machos e uns 90 kg no das femias, polo que se pode considerar un oso de tamaño medio.[2]

Caracterízase polo seu manto de pelos negros en todo o corpo, máis longog no colo, e unicamente interrompido no fociño e unha banda en forma de "V" no peito, de cor leonada.[2]

A súa esperanza de vida en liberdade é duns 25 anos.[2]

Distribución

[editar | editar a fonte]

A área de distribución desta especie abarca os bosques do oeste de Afganistán e Paquistán, do norte da India, o Nepal, Bután, Birmania e o noroeste da China. Está presente tamén nalgunhas zonas do Xapón, e é o único oso que se pode encontrar en liberdade en Taiwán.[2]

Alimentación

[editar | editar a fonte]

Trátase dunha especie omnívora que se alimenta practicamente de todo. A súa dieta inclúe froitas, bagas, noces, raíces, pequenos invertebrados, mel, peixes, aves e mamíferos de tamaño pequeno e medio, así como preas.[2]

Relación cos humanos

[editar | editar a fonte]

En zonas demasiado perturbadas pola acción do home, estes osos poden volverse agresivos e atacar os humanos, como no Xapón e o nordeste da China, onde estes ataques aumentaron ultimamnte. Por esta razón non gozan de especial simpatía nos países onde viven, e adoitan ser matados polo hombre, que os considera un inimigo potencial.[3][2]

Estado de conservación

[editar | editar a fonte]

A relación co humanos, unida á deforestación das rexións onde habita e a que a medicina tradicional chinesa demanda certas partes do seu corpo, extinguírono en moitas rexións. Porén, a especie nom se considera que estea actualmente en perigro de extinción, aínda que si se clasifica como vulneráble na lista da IUCN.[3]

  1. 1 2 3 Ursus thibetanus G. Cuvier, 1823 en: Wilson, Don E. & Reeder, D. M., editors (2005): Mammal Species of the World — A Taxonomic and Geographic Reference.
  2. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 Garshelis, D. L. (2009): "Family Ursidae (Bears)". En: Wilson, D. E. & Mittermeier, R. A. eds. Handbook of the Mammals of the World. Volume I Carnivores. Barcelona: Lynx Edicions. ISBN 978-84-9655-349-1.
  3. 1 2 Garshelis, D. & Steinmetz, R. (2020): Ursus thibetanus na Lista vermella da UICN. Versión 2021-2. Consultada o 23 de novembro de 2021.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]