Ortosia (lúa)
Ortosia (en grego Ορθωσία), tamén coñecido como Xúpiter XXXV, é un satélite irregular retrógrado de Xúpiter. Foi descuberto por un equipo de astrónomos da Universidade de Hawai dirixidos por Scott S. Sheppard no 2001, e déuselle a designación provisional S/2001 J 9.[1][2]
Ortosia ten uns 2 quilómetros de diámetro, e orbita Xúpiter a unha distancia media de 20,568 millóns de kms, tarda 602,619 días en completar unha órbita, ten unha inclinación de 142° con respecto á eclíptica (143° respecto do ecuador de Xúpiter), e posúe unha excentricidade orbital de 0,2433.
Recibiu oficialmente o seu nome actual en agosto do ano 2003, na mitoloxía grega, Ortosia era a deusa da prosperidade e era tamén unha das Horas.[3] As Horas eran fillas de Zeus e Temis.
Ortosia pertence ó grupo de satélites Ananke, un grupo de lúas retrógradas irregulares que orbitan ó redor de Xúpiter a unha distancia media de entre 19,3 e 22,7 millóns de kms, con inclinacións duns 150°
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ IAUC 7900: Satellites of Jupiter maio do 2002 (descubrimento)
- ↑ MPEC 2002-J54: Eleven New Satellites of Jupiter maio do 2002 (descubrimento e efemérides)
- ↑ IAUC 8177: Satellites of Jupiter, Saturn, Uranus Arquivado 09 de xullo de 2008 en Wayback Machine. agosto do 2003 (bautizando a lúa)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]