Omaha, Nebraska

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 41°15′N 96°0′W / 41.250°N 96.000°W / 41.250; -96.000

Omaha, Nebraska
Heartland of America Park, Omaha, Nebraska.jpg
Vista da cidade
Situación xeográfica
Omaha en Estados Unidos
Omaha
Omaha
Omaha en Nebraska
Omaha
Omaha
País Flag of the United States.svg Estados Unidos de América
Estado Nebrasca
Condados Douglas
Xeografía
Altitude 332 msnm
Superficie 338,20 km²
Poboación
Poboación 408.958 hab. (2010)
Densidade 1.242,4 hab/km²
Información
Código postal 68022, 68101–68164
Alcalde Jean Stothert (R)
Páxina web Páxina oficial de Omaha

Omaha é a cidade máis grande do estado de Nebraska, nos Estados Unidos, e é a capital do condado de Douglas. Está situada no medio oeste do país á beira do río Missouri, a uns 30 quilómetros ao norte da desembocadura do río Platte. Omaha é o centro da área metropolitana Omaha-Council Bluffs, que inclúe a Council Bluffs, no estado de Iowa, situada no outro lado do río Missouri.

Segundo o censo do 2010, a poboación de Omaha era de 408.958 habitantes, facéndoa a 40 máis grande dos Estados Unidos. Cos seus suburbios, Omaha formaba a 60 área metropolitana máis grande do país no 2010, cunha poboación de 865.350 habitantes que vivían en oito condados. Hai máis de 1,2 millóns de residentes nun radio de 80 quilómetros dende o centro da cidade, formando a área Greater Omaha.

Omaha foi fundada en 1854 por especuladores da veciña Council Bluffs ao longo do río Missouri. Durante o século XIX, a localización de Omaha no centro dos Estados Unidos fixo que a cidade se convertese nun importante centro de transporte. Ao longo do resto do século, os sectores do transporte e do comercio foron moi importantes na cidade, xunto cos seus ferrocarrís e as súas fábricas de cervexa. No século XX, os matadoiros de Omaha, uns dos máis grandes do mundo, e as súas plantas empacadoras de carne, gañaron moita importancia a nivel internacional.

Hoxe en día, Omaha é a sede de cinco compañías que se atopan na lista Fortune 500: ConAgra Foods, Union Pacific Corporation, Mutual of Omaha, Peter Kiewit and Sons, Inc., e Berkshire Hathaway. Berkshire Hathaway está encabezada polo inversor local Warren Buffett, que foi a persoa máis rica do mundo na primeira metade do ano 2008. Tamén é a sede de catro empresas Fortune 1000: TD Ameritrade, West Corporation, Valmont Industries, e Werner Enterprises. O First National Bank of Omaha é o maior banco de capital privado dos Estados Unidos. As oficinas centrais de Leo A Daly for Leo A Daly, HDR, Inc. e DLR Group, tres das 30 principais firmas de arquitectura e enxeñería do país están localizadas en Omaha.

A economía moderna de Omaha é variada e constrúese sobre empregos especializados. O turismo na cidade aporta moitos beneficios á súa economía, aportando o torneo anual de béisbol College World Series importantes ingresos e sendo o Henry Doorly Zoo da cidade a principal atracción de Nebraska. Omaha acolleu as probas de natación para as Olimpíadas en 2008 e fará o mesmo en 2012.

Un movemento de conservación histórica en Omaha permitiu que varios edificios históricos e distritos fosen designados como monumentos da cidade ou inscritos no Rexistro Nacional de Lugares Históricos. Dende a súa fundación, os grupos étnicos da cidade agrupáronse en enclaves do norte, centro e sur de Omaha. Hoxe en día a cidade conta con gran variedade de lugares de espectáculos, museos e patrimonio musical, incluída a historicamente significativa escena jazz de North Omaha e o moderno e influente "Omaha Sound". Os deportes teñen sido de gran importancia durante máis dun século, e a cidade actualmente conta con tres equipos profesionais. Omaha ten tamén varias sendas recreativos e parques localizados por toda a cidade.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]