Nueva Pescanova
![]() | Suxeriuse que "Pescanova" sexa fusionado con este artigo ou apartado (conversa). Para realizar a fusión dos artigos sigue estes pasos. |
Nueva Pescanova | |
---|---|
![]() | |
Tipo | Sociedade Limitada |
Fundación | 2015 (por transformación da antiga Pescanova) |
Localización | Rúa José Fernández López, s/n Chapela, Redondela 36320 Pontevedra ![]() |
Persoas clave | Jacobo González-Robatto (Presidente) Ignacio González Hernández (Conselleiro delegado) |
Industria | alimentación |
Produtos | Pesca e cultivo de máis de 70 especies de peixes e mariscos.[1] |
Beneficio operativo | 75 millóns de € (2018).[1] |
Número de empregados | Aproximadamente 11 000 en catro continentes (2019).[1] [2] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Nueva Pescanova, tamén coñecida como Grupo Nueva Pescanova, é unha sociedade multinacional galega, especializada na captura, cultivo, elaboración e comercialización de produtos do mar.[1]
Con máis de 10 000 empregados en catro continentes, é unha das poucas multinacionais de produtos do mar presente en toda a cadea de valor, desde a orixe até a súa venda.[1]
Sucesora da empresa Pescanova, ten a súa sede en Chapela, Redondela (Pontevedra).
Historia
[editar | editar a fonte]A orixe desta empresa produciuse polas dificultades financeiras da súa antecesora, Pescanova, que, o 15 de abril de 2013, solicitou un preconcurso de acredores, pese a unha recente ampliación de capital. A empresa optou por esta opción a causa da súa avultada débeda, de 1 522 millóns de euros, cantidade oito veces maior que os seus resultados de explotación anuais.
Ademais coñeceuse, o mesmo día da presentación da insolvencia nos tribunais, que o seu presidente, Manuel Fernández de Sousa-Faro, vendera a metade da súa participación, do 14,4 % da empresa, nos meses previos á presentación do preconcurso.[3]
Tras da presentación do preconcurso de acredores e da saída de Fernández de Sousa da presidencia, tres fondos de investimento multinacionais estaban interesados en reflotar a compañía da creba. Os investidores con interese en reflotar o grupo pesqueiro foron os seguintes:[4]
- Damm, Luxempart, KKR e Ergon Capital Partners, ademais de diversos fondos voitre.
- Centerbridge e Bluecrest.
- Os principais bancos acredores: Banco Sabadell, Banco Popular, NCG Banco, Bankia, CaixaBank, Banco Santander e BBVA.
A xunta directiva e os accionistas minoritarios opuxéronse á entrada dos investidores Damm, Luxempart, KKR e Ergon Capital Partners á fronte da compañía, e inmediatamente produciuse a dimisión do conselleiro Luis Ángel Sánchez-Merlo y Ruiz o 14 de xaneiro de 2014,[5] quen alegou motivos persoais á Comisión Nacional do Mercado de Valores.
Ao mesmo tempo, Pescanova iniciou as xestións para a venda da súa filial Pesca Chile, que contaba con ofertas das pesqueiras Cooke Aquaculture do Canadá e Econsult dos Estados Unidos. Finalmente, foi vendida en 2014 a Marine Harvest de Noruega.[6]
O 2 de maio de 2014, os principais bancos acredores españois acordaron levantar o concurso de acredores, e a compañía conseguiu manterse durante a crise como unha das principais multinacionais de Galicia. Unha vez que se produciu a saída do proceso concursal, os investidores Damm e Luxempart abandonaron a xestión da compañía, o cal supuxo as dimisións dos conselleiros José Carceller, de Damm, e François Tesch, de Luxempart.[7]

O 22 de maio a consultoría Deloitte informou á Comisión Nacional do Mercado de Valores, a dimisión de Juan Manuel Urgoiti (do grupo Damm), que fora presidente da multinacional desde setembro de 2013.
O 23 de maio Pescanova conseguiu saír definitivamente do concurso de acredores, despois de 403 días. O plan de reestruturación empresarial recibira o apoio do 65 % dos principais bancos acredores españois. A compañía continuou funcionando con normalidade baixo a tutela da consultora Deloitte.[8]
O 2 de febreiro de 2015 a compañía regresa á senda dos beneficios, cunha facturación de 1 600 millóns de euros no ano 2014, cifras que contrastan coas perdas dun ano antes.[9] Nese mesmo ao, Broadbill Investment Partners, fondo de investimento con sede en Nova York, adquire o 3,69 % do accionariado da compañía, e a Comisión Nacional do Mercado de Valores informa que o expresidente, Manuel Fernández de Sousa, continuaba como o maior accionista da compañía, cun 7,5 % do accionariado, seguido de Carolina Masaveu Herrero (Crisgadini), cun 7,1 % e, en terceiro lugar, a cervexeira Damm, cun 6,2 % do accionariado.[10]

O 8 de xaneiro de 2015, como consecuencia da creba e a entrada en concurso de acredores da compañía, o Xulgado Central de Instrución número 5 de Madrid, ordena o embargo de todos os bens do expresidente Manuel Fernández de Sousa. Ademais do propio Fernández de Sousa, o xulgado tamén ordena embargar aos exdirectivos Afonso Paz-Andrade, Antonio Táboas Moure, Carlos Turci, Fernando Fernández de Sousa e Alfredo López Uroz.[11]
En setembro de 2015 celebrouse unha xunta de accionistas na cal aprobouse por maioría o plan de rescate, unha ampliación de capital e a refundación da compañía co nome de Nueva Pescanova. Como consecuencia desta xunta, créase un holding empresarial que absorbería as compañías filiais españolas, e tamén a entrada da banca acredora como socio maioritario da compañía, cun 80 % do accionariado; ademais, os accionistas minoritarios aumentan a súa participación cun 19,99 % da nova sociedade.[12]

Tras a xunta de accionistas, o repartimento accionarial de Nueva Pescanova distribuíuse da seguinte maneira: Pescanova S.A. 20 %, CaixaBank 15,55 %, Banco Sabadell 14,46 %, Grupo Popular 9,17 %, HSBC Bank 8,93 %, Abanca 8,19 %, Banco Bilbao Vizcaya Argentaria 6,25 %, SPV Global 5,84 %, Bankia 4,59 %, UBI Banca 4,14 %, outros 2,88 %.
En decembro de 2015 o novo consello de administración incorpora ao departamento de mercadotecnia da compañía ao cociñeiro Pepe Rodríguez Rey, membro do xurado do programa Masterchef, para protagonizar xunto a Rodolfo Langostino spots de receitas cociñadas con produtos de Nueva Pescanova.[13] Tamén en decembro dese mesmo ano é designado como novo conselleiro delegado da multinacional a Ignacio González Hernández, procedente de Campofrío.[14]
En 2017 a compañía aproba o seu plan de negocio mediante unha capitalización de créditos de aproximadamente 350 millóns de euros. Con esta operación a banca acredora faise co control do 85 % do accionariado, buscando ademais deste xeito, e como obxectivo a medio prazo, a estabilidade económica de Nueva Pescanova, así como a realización de novas inversións, entre as que destacan a renovación da frota pesqueira, contratando a construción de 7 novos buques á factoría naval de Astilleros Armón no mes de novembro,[15] a modernización das plantas acuícolas, ou a posta en marcha no Grove dun Centro de I+D+i, o Pescanova Biomarine Center.
En xuño dese mesmo ano, a CNMV anuncia que a partir do día 7 dese mes prodúcese o levantamento da suspensión bolsista de Pescanova S.A. —coñecida como a vella Pescanova e que neses momentos apenas contaba cun 1,6 % do accionariado de Nueva Pescanova— polo que a antiga Pescanova volve a cotizar de novo na bolsa de Madrid tras máis de 4 anos.[16] Un mes despois confírmase que o holding Nueva Pescanova decide desprenderse da súa filial Acuinova ACT. Piscícolas S.A., empresa dedicada ao cultivo e procesamento de rodaballo. A antiga filial encontrábase intervida pola banca portuguesa desde o concurso de acredores da multinacional, sendo finalmente vendida pola banca lusa á sociedade Ondas e Versos L.D.A.[17]
En xullo de 2018 Nueva Pescanova adquire a compañía Unick Fish de Suráfrica; esta operación ten como obxectivo potenciar as vendas de lagostino.[18]
En novembro do ano 2017 a armadora Nueva Pescanova formalizou un contrato co estaleiro Armón Vigo para a construción de sete buques pesqueiros por un importe de 42,5 millóns de euros, o que supuxo o maior encargo de construción naval realizado por unha empresa pesqueira española da historia.[19] Dos sete buques, catro se construirían na factoría de Vigo, mentres que os outros tres serían construídos nas instalacións de Burela.
O día 8 de marzo de 2019 tivo lugar, nas instalacións de Astilleros Armón Vigo en Coia, a botadura do primeiro buque encargado pola compañía galega en máis de tres décadas,[20] dos sete encargados por Nueva Pescanova a Astilleros Armón dous anos antes, co obxectivo de modernizar as súas frotas pesqueiras en Mozambique e Namibia,[21] que serán construídos en Armón Vigo e Burela por 200 operarios, cun investimento de 42,5 millóns de euros.[22] Este primeiro pesqueiro, bautizado como "Lalandii 1",[23] ocuparase da captura de pescada en Namibia.[22] O presidente do Grupo Nueva Pescanova, Jacobo González-Robatto, presentou o primeiro dos buques encargados a Armón para renovar a frota da compañía, como o "símbolo" da "viaxe" realizada por esta durante os últimos anos, e recordou o cambio realizado na compañía hai tres anos e medio e o traballo levado a cabo para alcanzar os "estándares máis altos" de calidade. Así, asegurou a continuidade do crecemento da empresa e puxo en valor que se trate dunha das "poucas" que abarca desde a pesca até a venda de produtos do mar. Así mesmo, incidiu no "compromiso" da compañía coa substentabilidade do medio ambiente a través da eficiencia enerxética e, de paso, recordou que este ano de 2019 creou uns 250 novos postos de traballo en Galicia.[21] Ao acto asistiu Hilaria Mukapuli, alcaldesa de Lüderitz (Namibia), que foi a madriña do Lalandii 1, e que comezara a súa su carreira profesional traballando na factoría de Nova Pescanova en Lüderitz, na empresa filial NovaNam.[24] Pola súa parte, Hilaria Mukapuli insistiu no impacto económico e o emprego que este xera na zona de Lüderitz e asegurou que a súa "continua inversión" permitiu transformar a situación da localidade; e en relación ao barco, sinalou que será "respectuoso co medio ambiente" e destacou a eficiencia enerxética dos seus motores.[25]
Cara ao futuro
[editar | editar a fonte]Aínda que oficialmente o maior grupo pesqueiro de España non está en venda, cando en 2015 a gran banca viuse obrigada a entrar no capital, intercambiando débeda por accións, para evitar a creba e non perdelo todo (pese a unha quita de 2.000 millóns), fíxoo por un período que ten data de caducidade: o ano 2020, cando vence o plan estratéxico a catro anos. E a orde do día do consello de administración co que Nueva Pescanova convocou aos seus o día 26 da xuño, dá a entender que o proceso de saída, vía venda de participacións, está en marcha, porque, entre outras cousas, inclúe a modificación dos estatutos da compañía. Concretamente, a proposta céntrase o artigo seis, que regula o réxime de transmisión das participacións sociais. Na actualidade, Abanca, que comezara en 2016 cunha participación do 5,4 %, é hoxe o primeiro accionista co 31,41 % (tras facerse cos títulos de Bankia e BBVA, entre outros). Pola súa parte, o Banco Sabadell, que liderara a saída da creba da multinacional galega e a capitalización da débeda das entidades financeiras a cambio de accións para facer viábel a empresa, mantense fiel á súa aposta por Nueva Pescanova, e afianza a súa posición cun 24,4 % do capital. Todo apunta a que o bo momento en que vive o sector, coa venda de Iberconsa, a segunda maior pesqueira de España, por 550 millóns e, unha vez finalizado o traballo de "rescate" de Pescanova, buscarase unha boa operación que facilite a saída dos bancos e a entrada de novos investidores. Os donos financeiros, con Abanca e Sabadell á fronte, sempre dixeron que nunca terían en conta unha oferta inferior aos 1 200 millóns de euros.[26]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Nueva Pescanova en nuevapescanova.com
- ↑ "Con presenza de empresas pertencentes ao grupo en 21 países. A súa frota pesqueira é aproximadamente de 120 barcos e conta cun total de 3.399 empregados." en Pescanova.com
- ↑ Sueiro, Marcos (1 de marzo de 2013). "Pescanova presenta un preconcurso de acreedores". El Mundo (Unidad Editorial). Consultado o 29 de xullo de 2019.
- ↑ Efe (9 de decembro de 2013). "Damm, Luxempart, KKR y Ergon Capital presentan una oferta por Pescanova". El País (Grupo PRISA). Consultado o 29 de xullo de 2019.
- ↑ Europa Press (13 de xaneiro de 2014). "Luis Angel Sánchez-Merlo y Ruiz dimite como consejero de Pescanova". www.europapress.es. Consultado o 29 de xullo de 2019.
- ↑ Graña, Lara (15 de maio de 2013). "Pesca Chile se venderá entera o por partes después de julio por una deuda de 7 millones". Faro de Vigo (Prensa Ibérica). Consultado o 29 de xullo de 2019.
- ↑ Europa Press (23 de maio de 2014). "Pescanova sale del concurso de acreedores, una vez aprobado su convenio". El Mundo (Unidad Editorial). Consultado o 29 de xullo de 2019.
- ↑ Sío Dopeso, Manuela (23 de maio de 2014). "Pescanova sale del concurso de acreedores". La Voz de Galicia. Consultado o 29 de xullo de 2019.
- ↑ Redacción (2 de febreiro de 2015). "El Grupo Pescanova ganó 1.649 millones de euros en 2014". El País (Grupo PRISA). Consultado o 29 de xullo de 2019.
- ↑ Efe (2 de setembro de 2014). "Masaveu, Damm y Luxempart y Sousa continúan entre los mayores accionistas de Pescanova". Faro de Vigo (Prensa Ibérica). Consultado o 29 de xullo de 2019.
- ↑ Sío Dopeso, Manuela (25 de abril de 2015). "El juzgado ordena embargar todo el patrimonio de Fernández de Sousa". La Voz de Galicia. Consultado o 29 de xullo de 2019.
- ↑ Redacción (4 de outubro de 2015). "Conseguida la salvación, ahora toca apuntalar Pescanova en Galicia". Faro de Vigo (Prensa Ibérica). Consultado o 29 de xullo de 2019.
- ↑ Sío Dopeso, Manuela. "Rodolfo Langostino recupera el empleo". La Voz de Galicia (data=12 de decembro de 2015). Consultado o 29 de xullo de 2019.
- ↑ Sío Dopeso, Manuela (16 de decembro de 2015). "Los bancos eligen al jefe de Campofrío para ser consejero delegado de Nueva Pescanova". La Voz de Galicia. Consultado o 29 de xullo de 2019.
- ↑ Graña, Lara (23 de novembro de 2017). "Pescanova adjudica a Armón la construcción de los siete pesqueros". Faro de Vigo (Prensa Ibérica). Consultado o 29 de xullo de 2019.
- ↑ Amoedo, Adrián (26 de abril de 2017). "La CNMV afirma ahora que Pescanova SA puede volver a cotizar antes de 2 meses". Faro de Vigo (Prensa Ibérica). Consultado o 29 de xullo de 2019.
- ↑ Sío Dopeso, Manuela (3 de xullo de 2017). "Pescanova dice adiós a la mayor planta de rodaballo de Europa". La Voz de Galicia. Consultado o 29 de xullo de 2019.
- ↑ Sío Dopeso, Manuela (6 de xullo de 2018). "Nueva Pescanova crece en África con la adquisición de Unick Fish". La Voz de Galicia. Consultado o 29 de xullo de 2019.
- ↑ Graña, Lara (23 de novembro de 2017). "Pescanova adjudica a Armón la construcción de los siete pesqueros". Faro de Vigo. Consultado o 10 de setembro de 2019.
- ↑ Graña, Lara (8 de marzo de 2019). "El nuevo "Sil", 32 años después". Faro de Vigo. Consultado o 29 de xullo de 2019.
- ↑ 21,0 21,1 Marta G. Brea (23 de xullo de 2019). "Nueva Pescanova presenta el primero de los buques con los que renovará su flota". Faro de Vigo (Prensa Ibérica). Consultado o 29 de xullo de 2019.
- ↑ 22,0 22,1 J. C. (9 de marzo de 2019). "Botadura del 'Lalandii', primero de los 7 nuevos buques de Nueva Pescanova". El Correo Gallego (Editorial Compostela). Arquivado dende o orixinal o 29 de xullo de 2019. Consultado o 29 de xullo de 2019.
- ↑ Redacción (9 de marzo de 2019). "Armon bota el pesquero "Lalandii"". Atlántico Diario (Rías Baixas Comunicación). Consultado o 29 de xullo de 2019.
- ↑ Astilleros Armon entrega al Grupo Nueva Pescanova el barco Lalandii 1, el primero de su nueva flota para Namibia en nuevapescanova.com.
- ↑ Nueva Pescanova presenta el primero de los buques con los que renovará su flota como símbolo del "viaje" de la compañía. Europa Press, 23 de xullo de 2019.
- ↑ Sío Dopeso, Manuela (12 de xuño de 2019). "Nueva Pescanova convoca a sus socios para preparar la venta de la compañía". La Voz de Galicia. Consultado o 29 de xullo de 2019.